• Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto
Menú
  • Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto

10.298 internautas visitaron o Belén de Begonte

02/04/2021

No pasado Nadal, un total de 10.298 internautas consultaron a web www.belendebegonte.es, onde se reflectiu a especial actividade do tempo O NADAL EN BEGONTE. O período mencionado comprende desde o quince de decembro, punto de partida desta edición do Belén, ata o final do pasado mes de xaneiro.

Ademais destas visitas aos contidos da páxina, hai que engadir as visualizacións a través das redes sociais do Pregón virtual do Belén (150) e do Belén virtual (954).

Esta edición número XLIX do Belén de Begonte e as súas actividades, especialmente virtuais pola situación de pandemia que sufrimos, aínda non ten rematado senón que, fallados días pasados os habituais Certames culturais (Nacional de Poesía, de Xornalismo, de Debuxo Infantil e Certame Galego de Arte), falta facer a entrega dos correspondentes premios que deberá efectuarse, así mesmo, de xeito virtual.

Por outra parte, O Centro Cultural José Domínguez Guizán, entidade promotora do Belén, está xa a traballar na edición do presente ano, que será a edición número CINCUENTA, e coincidirá coas celebracións do Ano Santo Compostelano, tendo que recordar que o Belén está encravado á beira do Camiño Norte.

O Centro Cultural quere agradecer de xeito moi especial aos medios informativos a súa atención e dedicación, especialmente valiosa neste tempo tan difícil, que constituíu acicate e ánimo para o labor de impulsar o Nadal begontino que ten por centro o Belén, destacando así mesmo o continuo apoio do Concello de Begonte e da Xunta de Galicia.

Otras noticias

  • O NADAL EN BEGONTE: Remata a 50ª edición - Xaneiro 26, 22

    Ven de darse por rematada a 50ª edición de O...

  • XLVI CERTAME NACIONAL DE POESÍA SOBRE O NADAL, BEGONTE Xaneiro 21, 22

    Reunido o xurado do XLVI CERTAME NACIONAL DE...

  • XLVI CERTAME DE DEBUXO INFANTIL SOBRE “O NADAL” Xaneiro 20, 22

    Reunido o Xurado do XLVI CERTAME DE DEBUXO INFANTIL SOBRE O NADAL...

  • PABLO VEIGA LÓPEZ-CASTELO e SANTIAGO RODRÍGUEZ LÓPEZ, premiados no XLVI Certame de Xornalismo sobre o Nadal Xaneiro 19, 22

    En Lugo, reuniuse o xurado calificador dos...

  • XXXII CERTAME GALEGO DE ARTE “JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN” Xaneiro 05, 22

    Na sala de exposicións da Delegación...

  • Na primeira semana, 2.000 persoas visitaron o Belén de Begonte e 1.687 vírono a través da web Decembro 15, 21

    Despois da súa apertura oficial o pasado 4 de...

  • A exposición 50 ANOS DO BELÉN DE BEGONTE chega á Pastoriza Decembro 07, 21

    Presentouse na Casa da Cultura da Pastoriza a...

  • Visitas ao BELÉN DE BEGONTE Decembro 05, 21

    Para respectar a normativa sanitaria, e por...

  • A exposición 50 ANOS DO BELÉN DE BEGONTE chega a Meira Decembro 02, 21

    Presentouse na Igrexa de Santa María de Meira a...

  • A exposición 50 ANOS DO BELÉN DE BEGONTE chega a Cospeito Decembro 01, 21

    Presentouse na Casa da Cultura de Cospeito a...

< >

Belén de Begonte
Avda. de Galicia, s/n – Begonte – 27373 – LUGO – ESPAÑA / +34 982 396 121 / info@belendebegonte.es
GaliciaDigital 2017