Antonio Gato Soengas

Naceu en Monterroso en 1945. Fixo estudios de Bacharelato na vila, encetando alí o de Maxisterio, carreira que rematou en A Coruña. Licenciouse en Dereito na UNED.

Exerceu de Mestre de Alfabetización en Empresas de A Coruña, e tamén en Irixoa, Toques e Boimorto.

En Lugo estivo vinculado ó Colexio Público "Ramón Falcón", de Castro de Rei, e ó Instituto "Trapero Pardo", da Terra Chá.

A súa actividade política é dilatada: Concelleiro en Monterroso (1979), Deputado no Parlamento de Galicia durante as catro primeiras lexislaturas (1981 - 1997), Deputado Provincial, e Alcalde de Monterroso.

Entre os seus traballos figuran "Os Comedores Escolares en Galicia", "O Entroido da Casa de Naia", "Vida e Obra de D. Francisco Salgado de Quiroga" e "Os Muíños de Auga da Ulloa".

Colabora habitualmente no diario "El Progreso" de Lugo, e fíxoo algún tempo en "La Voz de Galicia".