Baldomero Iglesias Dobarro (Mero)

Baldomero Iglesias Dobarrio (MERO), naceu en Vilalba en 1951. É mestre. Fundador de FUXAN OS VENTOS e A QUENLLA, ten adicada a súa vida á música e a poesía, tendo gravadas arredor de medio cento de cancións das que é autor da letra, e de moitas delas da música. Ten recollido milleiros de cancións populares por todo Galicia.

Ademais do libro colectivo “GALICIA CANTA Ó NENO”, ten publicado SOCIAIS (de terceiro, cuarto e quinto de E.X.B.) EXPERIENCIAS (primeiro e segundo de E.X.B.), GALEGO-LINGUAXE (de primeiro a quinto), CONTOS DE VELLOS PARA NENOS, SOMOS LENDA VIVA (Lendas para nenos), e CANTOS, COPLAS E ROMANCES DE CEGO (I e II).

Premio Pedrón de Ouro 2009 e Premio Ramón Piñeiro 2011, ten publicados varios libros de poesía, sendo o máis recente "No perfil das verbas".