Bernardo Miguel Vázquez Gil

Pseudónimo:Lalo
Categoría: Periodista, debuxante e escritor
Data de Nacemento: 27 de maio de 1927 ( † 20 de xuño de 2016)

Currículum

Licenciado en Ciencias da Información e en Educación Física. Mestre Nacional. Periodista, debuxante (creou un personaxe: "Gorecho", para El Pueblo Gallego, diario, moitos anos); gravador (da escola "Spes"), escultor. Ten obra en diferentes museos. Fixo crítica de Arte. Dirixiu o Museo Q. de León de Vigo. Traballou en El Pueblo gallego, Faro de Vigo, Atlántico Diario (segue), nas radios La Voz de Vigo e Cope, viguesas, etc. Dirixiu Deportes Galicia, El Pope e o Boletín Informativo Municipal, de Vigo. Gañou moitos certames periodísticos, poéticos, de contos, cancións (ten discografía), carteis, cómics, contos, etc. Pronunciou pregóns, conferencias, dirixiu cursiños e tomou parte en moitos congresos. Foi Delegado de Cultura en Vigo, Xefe de Prensa e Relacións Públicas do Concello vigués.É Secretario-Conservador -e fundador- do Instituto de Estudios Vigueses. É cronista Oficial da Cidade de Vigo.

Obras realizadas

Publicou dezaséis libros sobre historia local nos que destacan Los tesoros de la Ría de Vigo, As Rúas de Vigo, Historia dos monumentos vigueses, Retrincos da Historia de Vigo, Historia de Vigo nos seus documentos.Publicou en 1992 El humor gallego en los medios de Comunicación. Escribiu e dirixiu teatro. Estreou a comedia Yo, seleccionador nacional, o los rigores del fútbol, e outras obras menores. No 1998 editou o poemario: Vigo, personaxes e paisaxes. No 1996 publicou (Ed. do Cumio) a novela A da alba sería (aventuras de D. Quixote en Galicia). Desde hai 11 anos publica un artigo diario sobre historia de Vigo. Pertenceu á escola de gravadores "Spes" de Pontevedra. Fixo escultura en bronce e proxectou monumentos.

Outros datos de interese

Gañou o premio periodístico "Rosalía Castro"; o poético Fogueiras de San Xoán (3 veces) e da Cantiga (A Coruña), o da Cantiga de Ourense e moitos máis en Galicia (e fora). É Cabaleiro do Mérito Agrícola. No ano 2003 foi premiado no certame literario "Meigas e Trasgos" en Lugo.