• Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto
Menú
  • Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto

Certame de Arte do Belén de Begonte

12/21/2020

O Centro Cultural de Begonte convoca o XXXI CERTAME GALEGO DE ARTE “JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN” de acordo coas seguintes BASES:

1. O Premio JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN de Arte está dotado con 1.500 € (*) e estatuíña de Sargadelos.

2. Adxudicarase á obra pictórica (considerada no senso máis amplo) que resulte seleccionada polo Xurado calificador, que estará formado por especialistas na materia, xunto con representantes do Centro convocante.

3. Poderán optar a este premio obras de pintores galegos (nados en Galicia ou residentes habituais), con tamaño máximo de 1,5 m por 1 m, con ou sen marco.

4. Cada autor poderá presentar un máximo de dúas obras, acompañadas dos datos identificativos de obra e autor.

5. As obras, debidamente protexidas para evitar calquera deterioro, serán remitidas –libres de gastos– ao Centro Cultural de Begonte. As non premiadas serán devoltas libres de gastos ao enderezo que indiquen.

6. O prazo de presentación rematará ás 12,00 h. do día 15 de xaneiro de 2021. O Xurado seleccionará de entre as obras presentadas a gañadora do Certame, que quedará en propiedade da entidade convocante.

7. As obras presentadas, ou unha selección destas, serán expostas durante a segunda quincena de xaneiro de 2021 na sala da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo.

(*) O importe é líquido, despois de aplicarlles a retención do IRPF.

Oportunamente farase público o procedemento a utilizar para a entrega dos premios deste Certame

 

Otras noticias

  • Entrega virtual dos premios do Belén de Begonte Marzo 17, 21

    Nunha sesión celebrada na tarde do pasado luns, efectuouse a...

  • 10.298 internautas visitaron o Belén de Begonte Febreiro 04, 21

    No pasado Nadal, un total de 10.298 internautas...

  • Santiago Rodríguez, Pepe Pol e Luis Latorre, premiados no XLV Certame de Xornalismode Begonte Febreiro 01, 21

    Vense de reunir o Xurado do XLV Certame de Xornalismo sobre o...

  • Fallo do XLV Certame Nacional de Poesía sobre O Nadal Xaneiro 29, 21

    Reunido o Xurado do XLV CERTAME NACIONAL DE POESÍA SOBRE O NADAL,...

  • XLV Certame de debuxo infantil sobre O Nadal Xaneiro 27, 21

    Reunido o Xurado do XLV CERTAME DE DEBUXO INFANTIL SOBRE O NADAL,...

  • XXXI Certame Galego de Arte “José Domínguez Guizán” Xaneiro 21, 21

    Na sala de exposicións da Delegación...

  • A delegación da Xunta en Lugo acolle a mostra das obras presentadas ao Certame de Arte Xaneiro 18, 21

    A sala de exposicións da Delegación Territorial da Xunta en Lugo...

  • Remata o prazo dos Certames do Belén de Begonte Xaneiro 14, 21

    Mañá, venres, 15 de xaneiro, rematan os prazos de presentación de...

  • Imaxes do Nadal, na Biblioteca Provincial de Lugo Xaneiro 08, 21

    A exposición IMAXES DO NADAL, que desde mediados do pasado...

  • A web do Belén de Begonte xa inclúe o BELÉN VIRTUAL Decembro 24, 20

    A web ...

< >

Belén de Begonte
Avda. de Galicia, s/n – Begonte – 27373 – LUGO – ESPAÑA / +34 982 396 121 / info@belendebegonte.es
GaliciaDigital 2017