• Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto
Menú
  • Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto

Certame de Poesía do Belén de Begonte

12/22/2020

O Centro Cultural José Domínguez Guizán, entidade promotora do Belén Electrónico, e co fin de potenciar o espírito do Nadal, e que se coñeza mellor a vitalidade de O NADAL EN BEGONTE, convoca o XLV CERTAME NACIONAL DE POESÍA SOBRE O NADAL que se vai rexir polas seguintes bases:

1. Poden participar todos os poetas que o desexen, con textos en galego ou en castelán.

2. O tema dos traballos ha ser o de O NADAL, desde calquera punto de vista.

3. Valoraranse os textos que fagan referencia a Begonte e o seu Belén.

4. É libre a construción dos poemas e a medida dos versos.

5. Concederanse os seguintes premios:– PREMIO BEGONTE DE POESÍA, dotado con 600 € (*) e estatuíña de Sargadelos.– SEGUNDO PREMIO, dotado con 300 €(*) e estatuíña de Sargadelos.

6. A remisión de orixinais farase ao correo electrónico info@belendebegonte.es, en dous arquivos: Un, co traballo poético a concurso, e outro, identificado como “Plica”, co título do traballo, no que figurarán os datos personais do/a autor/a, que só será aberto no caso de resultar premiado o traballo con algún dos premios instituídos ou coas mencións que, no seu caso, acorde conceder o Xurado.

7. Quen desexe entregar persoalmente o seu traballo, ou remitilo por correo certificado, pode facelo ao Centro Cultural convocante, antes das doce horas do próximo 15 de xaneiro de 2021.

(*) Os importes son líquidos, despois de aplicarlles a retención do IRPF.

 

Otras noticias

  • Dúas novas figuras no Belén de Begonte Novembro 19, 26

    Dúas novas figuras -unha con movemento- se...

  • Do Belén ao mundo: Os nenos do Colexio de Begonte serán Guías no Belén Novembro 17, 26

    Nenos e nenas de 5º e 6º de primaria, do Ceip...

  • Calendario de O NADAL EN BEGONTE 2026 Novembro 16, 26

    21 de novembro de 2026
    18,00.- Salón de actos do Centro...

  • O Belén de Begonte abrirá as súas portas o sábado, 21 de novembro Novembro 13, 26

    O próximo 21 de novembro, sábado, o Belén de...

  • Pasamento do Presidente de Honra do Belén de Begonte Novembro 08, 26

    Desde o Belén de Begonte temos a dor de...

  • Exposición en Begonte dos cadros presentados ao Certame Galego de Arte Xaneiro 21, 26

    Na casa da Cultura de Begonte está aberta a exposición dos cadros...

  • L CERTAME DE XORNALISMO SOBRE O NADAL Xaneiro 21, 26

    Reunido o Xurado do L CERTAME DE XORNALISMO...

  • L CERTAME NACIONAL DE POESÍA SOBRE O NADAL Xaneiro 20, 26

    Reunido o Xurado do L CERTAME NACIONAL DE...

  • Convocatoria de Asemblea Xeral de Socios do Centro Cultural José Domínguez Guizán Xaneiro 14, 26

    De conformidade co disposto nos Estatutos polos...

  • II CERTAME AUDIOVISUAL SOBRE O NADAL do Belén de Begonte Xaneiro 14, 26

    Xa hai gañadores do II CERTAME AUDIOVISUAL...

< >

Belén de Begonte
Avda. de Galicia, s/n – Begonte – 27373 – LUGO – ESPAÑA / info@belendebegonte.es
Teléfono: +34 629 748 609 / +34 649 096 133
GaliciaDigital 2017-2026