• Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto
Menú
  • Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto

Certames do Nadal 2016 - 2017

12/13/2016

A entidade promotora do Belén Electrónico de Begonte, dentro do programa O NADAL EN BEGONTE, ven de convocar o XXVII CERTAME GALEGO DE ARTE JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN, dotado con 1.500 euros e estatuíña de Sargadelos, para premiar a obra pictórica resulte seleccionada polo Xurado calificador, que estará formado por especialistas na materia xunto con representantes do centro convocante. Poden optar a este premio obras de pintores galegos (nados en Galicia ou residentes habituais), de tema libre, con tamaño máximo de 1,5 X 1 m., con o usen marco. Cada autor poderá presentar un máximo de dúas obras, acompañadas dos datos identificativos de obra e autor.

As obras han ser remitidas ao Centro cultural de Begonte antes das 12 horas do próximo 25 de decembro. A obra premiada quedará en poder da entidade convocante. Do 3 de decembro ao 12 de xaneiro as obras presentadas serán expostas na sala da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, e do 13 ao 27 de xaneiro na Casa da Cultura de Begonte. Os premios serán entregados o 28 de xaneiro, no decurso do acto de clausura de O NADAL EN BEGONTE.

XLI Certame nacional de Poesía sobre O Nadal

O Centro cultural José Domínguez Guizán de Begonte, entidade promotora do Belén Electrónico begontino, ven de convocar, co patrocinio de Abanca, a XLI edición do Certame nacional de Poesía sobre o Nadal, co fin de potenciar o espirito do Nadal, e que se coñezan mellor os actos que con este motivo se celebran en Begonte. A este certame poden concorrer todos os poetas que o desexen, con textos en galego ou castelán, que aborden o tema de O NADAL, desde calquera punto de vista, valorándose os textos que fagan referencia a Begonte e o seu Belén. É libre a construción dos poemas e a medida dos versos.

Concederase o PREMIO BEGONTE DE POESÍA, dotado con 600 € e estatuiña de Sargadelos, e un SEGUNDO PREMIO, dotado con 300€ e igual estatuíña. A remisión dos traballos farase por triplicado exemplar ao Centro cultural de Begonte (Lugo), tanto persoalmente como por correo certificado, antes das doce horas do próximo seis de xaneiro. Todos os traballos han ser presentados con plica, facendo constar dentro dela os datos persoais do autor.

XLI Certame de xornalismo “Begonte e o Nadal”

O Centro cultural José Domínguez Guizán de Begonte, co gallo do Nadal, ven de convocar a XLI edición do Certame de xornalismo BEGONTE E O NADAL, co patrocinio da Xunta de Galicia, para potenciar o espírito nadaleiro e para que se coñezan mellor os actos que con este motivo se celebran en Begonte. Neste certame poden tomar parte os que publiquen en calquera xornal, revista ou en internet, en lingua galega ou castelá, algún traballo ou serie de traballos sobre calquera tema que faga referencia ao Nadal en Begonte e, en xeral, ao Nadal en Galicia. Hanse conceder o Premio Begonte de Xornalismo, dotado con 600€ e un Segundo premio, dotado con 300 €, os dous con cadansúa estatuíña de Sargadelos.

O prazo de entrega dos traballos que se presenten ao certame, rematará ás 12,00 do próximo seis de xaneiro, debendo facerse a entrega no Centro Cultural de Begonte, persoalmente ou por correo. A presentación farase por triplicado exemplar do xornal ou revista onde se publicase o traballo, xunto cunha nota na que se fagan constaar os datos persoais do autor. No caso de traballos en Internet, texto impreso e indicación da páxina onde está publicado.

XLI Certame de Debuxo sobre O Nadal

O Centro cultural José Domínguez Guizán de Begonte, co gallo do Nadal e o patrocinio de Caixa Rural Galega, ven de convocar a XLI edición do Certame de Debuxo sobre O Nadal, co fin de potenciar o espírito do Nadal nos Nenos. Poden concorrer todos os nenos a través dos seus colexios con traballos en cartolina de tema libre dentro do tema xenérico “O Nadal”, de tamaño como mínimo de medio folio, e como máximo dun folio. Cada colexio non poderá remitir máis de 25 traballos para cada categoría.

Establécense dúas categorías: A, ata 10 anos e B, de 11 a 15.Por cada categoría concederanse tres primeiros premios, dotados con 60€ e trofeo, e cinco segundos, dotados con 30€ e trofeo. A admisión de orixinais rematará o próximo 24 de decembro, debendo ser entregados en man, ou remitidos ao Centro cultural José Domínguez Guizán de Begonte.

Otras noticias

  • XXXI Certame Galego de Arte “José Domínguez Guizán” Xaneiro 21, 21

    Na sala de exposicións da Delegación...

  • A delegación da Xunta en Lugo acolle a mostra das obras presentadas ao Certame de Arte Xaneiro 18, 21

    A sala de exposicións da Delegación Territorial da Xunta en Lugo...

  • Remata o prazo dos Certames do Belén de Begonte Xaneiro 14, 21

    Mañá, venres, 15 de xaneiro, rematan os prazos de presentación de...

  • Imaxes do Nadal, na Biblioteca Provincial de Lugo Xaneiro 08, 21

    A exposición IMAXES DO NADAL, que desde mediados do pasado...

  • A web do Belén de Begonte xa inclúe o BELÉN VIRTUAL Decembro 24, 20

    A web ...

  • Certame de Poesía do Belén de Begonte Decembro 22, 20

    O Centro Cultural José Domínguez Guizán,...

  • Certame de Arte do Belén de Begonte Decembro 21, 20

    O Centro Cultural de Begonte convoca o XXXI CERTAME GALEGO DE ARTE...

  • Presentación de O NADAL EN BEGONTE 2020 Decembro 14, 20

    Mañá, martes, ás 13,15 h., vaise presentar na Delegación...

  • O primeiro Pregón virtual do NADAL DE BEGONTE Decembro 10, 20

    Hoxe, no Belén de Begonte, o Secretario Xeral...

  • Valentín García Gómez será o primeiro pregoeiro virtual do Nadal en Begonte Decembro 08, 20

    Valentín García Gómez, Secretario Xeral de...

< >

Belén de Begonte
Avda. de Galicia, s/n – Begonte – 27373 – LUGO – ESPAÑA / +34 982 396 121 / info@belendebegonte.es
GaliciaDigital 2017