• Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto
Menú
  • Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto

Félix Villares, Pregoeiro do Nadal en Begonte

11/21/2019

Félix Villares Mouteira será o Pregoeiro do Nadal en Begonte na edición que fai a número XLVIII desde o inicio en 1972 do Belén Electrónico e as actividades que o rodean. O pregón será pronunciado no decurso dunha misa polos amigos do Belén falecidos, que se celebrará o próximo 5 de decembro, xoves, as 18,00h. na igrexa parroquia de Begonte. Cantará a misa e dará un breve recital de panxoliñas a Polifónica Vilalbesa, dirixida por Uxío García Amor.

Félix Villares Mouteira, nado na parroquia vilalbesa de Belesar, crego e escritor, é coengo da catedral mindoniense, Chanceler da Diocese de Mondoñedo-Ferrol, arquiveiro da Diocese e da Catedral, e responsable do Patrimonio da diocese. Durante moitos anos foi Director do Seminario Santa Catarina de Mondoñedo, desenvolvendo unha especial actividade nos eidos do deporte e da cultura -sobresaíndo os alumnos do Seminario nos máis diversos acontecementos nestes eidos-, así como tamén no campo do xornalismo coa edición da revista Amencer, dedicada especialmente a temas culturais, sociais e relixiosos.

Precisamente foi nesa revista de Amencer onde xurdiu o nome de “Begonte do Belén” para a localidade begontina polo protagonismo do Belén Electrónico, nun traballo polo que os alumnos do Seminario foron premiados no Certame de Xornalismo que anualmente convoca o centro Cultural José Domínguez Guizán.

Otras noticias

  • O NADAL EN BEGONTE: Remata a 50ª edición - Xaneiro 26, 22

    Ven de darse por rematada a 50ª edición de O...

  • XLVI CERTAME NACIONAL DE POESÍA SOBRE O NADAL, BEGONTE Xaneiro 21, 22

    Reunido o xurado do XLVI CERTAME NACIONAL DE...

  • XLVI CERTAME DE DEBUXO INFANTIL SOBRE “O NADAL” Xaneiro 20, 22

    Reunido o Xurado do XLVI CERTAME DE DEBUXO INFANTIL SOBRE O NADAL...

  • PABLO VEIGA LÓPEZ-CASTELO e SANTIAGO RODRÍGUEZ LÓPEZ, premiados no XLVI Certame de Xornalismo sobre o Nadal Xaneiro 19, 22

    En Lugo, reuniuse o xurado calificador dos...

  • XXXII CERTAME GALEGO DE ARTE “JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN” Xaneiro 05, 22

    Na sala de exposicións da Delegación...

  • Na primeira semana, 2.000 persoas visitaron o Belén de Begonte e 1.687 vírono a través da web Decembro 15, 21

    Despois da súa apertura oficial o pasado 4 de...

  • A exposición 50 ANOS DO BELÉN DE BEGONTE chega á Pastoriza Decembro 07, 21

    Presentouse na Casa da Cultura da Pastoriza a...

  • Visitas ao BELÉN DE BEGONTE Decembro 05, 21

    Para respectar a normativa sanitaria, e por...

  • A exposición 50 ANOS DO BELÉN DE BEGONTE chega a Meira Decembro 02, 21

    Presentouse na Igrexa de Santa María de Meira a...

  • A exposición 50 ANOS DO BELÉN DE BEGONTE chega a Cospeito Decembro 01, 21

    Presentouse na Casa da Cultura de Cospeito a...

< >

Belén de Begonte
Avda. de Galicia, s/n – Begonte – 27373 – LUGO – ESPAÑA / +34 982 396 121 / info@belendebegonte.es
GaliciaDigital 2017