José Reinaldo Pol García (Pepe Pol)

Profesor e escritor, ten publicados varios libros de poesía e prosa, e organiza anualmente os Encontros Poéticos na Vila de Quiroga.

Colabora asiduamente en diversos medios e ten conseguido numerosos premios tanto de xornalismo, como cos seus alumnos polos traballos realizados nas súas clases. Ten fundado revistas e creado o grupo poético "Arco da Vella" de Quiroga.

Aínda non sendo galego de nacemento, é un entusiasta da cultura galega e tódalas súas actividades xiran arredor de Galicia, constituíndo un referente de impulsión cultural no sur da provincia de Lugo.