María Felicidad Roca Coira

María Felicidad, begontina xubilada, foi premiada no Certame que convoca o Centro cultural José Domínguez Guizán polo primeiro dos seus poemas que  acada dimensión pública.

Reside na Casa Martiño de Martín de Abaixo, da parroquia de Trobo, e se para ela foi unha sorpresa conseguir o premio, sorpresa foi tamén para o xurado que unha peza desta calidade xurdira tan de preto da casa do Belén.