• Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto
Menú
  • Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto

Presentada en Lugo a 50ª edición do Belén de Begonte

11/25/2021

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación da 50ª edición do Belén de Begonte, que abrirá as súas portas entre o 4 de decembro e o 29 de xaneiro de 2022. A cita, declarada de interese turístico galego, recupera así a presencialidade despois de celebrar o ano pasado unha edición virtual por mor das restricións impostas a causa da pandemia. Porén, tamén poderá ser visitado a través da súa web, que recolle a historia e outra información de interese sobre o proxecto. A versión virtual do Nacemento estará dispoñible en galego, castelán e inglés.

Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o teniente de alcalde de Begonte, Luís Luaña; e Xulio Xiz, en representación da entidade organizadora, o Centro Cultural Xosé Domínguez Guizán.

O encargado de ler o pregón o 4 de decembro na igrexa parroquial de Begonte (18.00 horas) será o bispo de Mondoñedo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos. A continuación actuará o Orfeón Lucense e a Banda Sons e Soños, da asociación Músico Crisanto.

Exposicións e certames culturais completan a programación de actos. Así, convócase o certame galego de arte José Domínguez Guizán, así como o concurso de poesía sobre o Nadal; o certame xornalístico Begonte e o Nadal e o de debuxo infantil, ao que poden concorrer a través dos seus colexios os nenos e nenas de ata 15 anos -en dúas categorías, unha ata 10 anos e outra de 11 a 15-. Hoxe foi presentada unha publicación que recolle os traballos de xornalismo e poesía premiados na pasada edición.

Paralelamente, segue en marcha a mostra 50 Anos do Belén de Begonte, proxectada polo colectivo Egeria e o centro cultural José Domínguez Guizán con apoio do Goberno galego e do Concello de Begonte. Parte do contido percorre de xeito itinerante máis de 30 concellos do Camiño de Santiago; mentres que varios paneis permanecen expostos na Delegación Territorial do Goberno autonómico na ronda da Muralla, a biblioteca pública da Xunta en Lugo, a catedral de Mondoñedo e a casa da cultura de Begonte. Tamén nas instalacións da SA Xacobeo e no pazo de San Roque, en Santiago de Compostela.

Otras noticias

  • O NADAL EN BEGONTE: Remata a 50ª edición - Xaneiro 26, 22

    Ven de darse por rematada a 50ª edición de O...

  • XLVI CERTAME NACIONAL DE POESÍA SOBRE O NADAL, BEGONTE Xaneiro 21, 22

    Reunido o xurado do XLVI CERTAME NACIONAL DE...

  • XLVI CERTAME DE DEBUXO INFANTIL SOBRE “O NADAL” Xaneiro 20, 22

    Reunido o Xurado do XLVI CERTAME DE DEBUXO INFANTIL SOBRE O NADAL...

  • PABLO VEIGA LÓPEZ-CASTELO e SANTIAGO RODRÍGUEZ LÓPEZ, premiados no XLVI Certame de Xornalismo sobre o Nadal Xaneiro 19, 22

    En Lugo, reuniuse o xurado calificador dos...

  • XXXII CERTAME GALEGO DE ARTE “JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN” Xaneiro 05, 22

    Na sala de exposicións da Delegación...

  • Na primeira semana, 2.000 persoas visitaron o Belén de Begonte e 1.687 vírono a través da web Decembro 15, 21

    Despois da súa apertura oficial o pasado 4 de...

  • A exposición 50 ANOS DO BELÉN DE BEGONTE chega á Pastoriza Decembro 07, 21

    Presentouse na Casa da Cultura da Pastoriza a...

  • Visitas ao BELÉN DE BEGONTE Decembro 05, 21

    Para respectar a normativa sanitaria, e por...

  • A exposición 50 ANOS DO BELÉN DE BEGONTE chega a Meira Decembro 02, 21

    Presentouse na Igrexa de Santa María de Meira a...

  • A exposición 50 ANOS DO BELÉN DE BEGONTE chega a Cospeito Decembro 01, 21

    Presentouse na Casa da Cultura de Cospeito a...

< >

Belén de Begonte
Avda. de Galicia, s/n – Begonte – 27373 – LUGO – ESPAÑA / +34 982 396 121 / info@belendebegonte.es
GaliciaDigital 2017