• Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto
Menú
  • Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto

Presentada unha nova edición do Belén de Begonte e a exposición 'Imaxes e Palabras', con achegas de distintos artistas sobre o evento

12/02/2019

A programación do Nadal begontino inclúe a exposición Imaxes e Palabras, que recolle anacos de poemas de 40 autores que corresponden a traballos premiados nalgún dos 43 certames de Poesía sobre o Nadal convocados polo Centro Cultural José Domínguez Guizán. Entre os poetas figuran Xosé Otero Canto, Marica Campo, Carlos López e Martiño Maseda, presentes hoxe na inauguración. As fotografías amosan distintas escenas do Belén e pertencen aos membros do Grupo Fonmiñá Miguel Calvo, Miguel Fraga, Fernando Gago, José Manuel Guisasola, Gerardo Méndez e Eduardo Ochoa. A mostra permanecerá na sede da Xunta en Lugo ata o martes día 10 de decembro para viaxar despois ata Mondoñedo.

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación da XLVIII edición de “O Nadal en Begonte”, ao tempo que inauguraba a primeira das actividades incluídas na programación, a exposición Imaxes e Palabras, que recolle achegas de máis de medio cento de artistas sobre o evento.

O principal atractivo, o famoso Belén electrónico -declarado de Interese Turístico Galego-, permanecerá aberto entre o próximo 5 de decembro e o 25 de xaneiro de 2020. Cada ano recibe entre 30.000 e 40.000 visitas.

Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro; Xesús Domínguez Guizán e Xulio Xiz, presidente e vicepresidente respectivamente da entidade organizadora, o Centro Cultural Xosé Domínguez Guizán; e o tenente alcalde de Begonte, Luís Luaña, entre outros.

A principal novidade da presente edición radica na reforma das instalacións. A Consellería de Cultura e Turismo financiou con 30.000 euros as obras que recentemente acometeu o concello para mellorar a seguridade, comodidade e accesibilidade do Belén. Tamén no Nacemento incorporáronse e renováronse algunhas figuras que, como sempre, fan referencia aos traballos agrarios tradicionais nunha aldea da Chaira (a malla, o pastoreo...).

Así mesmo, o Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán ten nesta ocasión como temática expresa a loita contra a violencia sexual. Como vén sendo habitual, convócanse tamén o Certame Xornalístico Begonte e o Nadal, o Certame de Debuxo Infantil sobre o Nadal, e o Certame Nacional de Poesía sobre o Nadal

Os actos de inauguración do Belén comezarán na Igrexa Parroquial de Begonte ás 18.00 horas e o pregoeiro será o cóengo Félix Villares Mouteira, chanceler do Bispado de Mondoñedo-Ferrol, arquiveiro da diocese e do Seminario, e responsable bispal de Patrimonio.

 

Otras noticias

  • XXXI Certame Galego de Arte “José Domínguez Guizán” Xaneiro 21, 21

    Na sala de exposicións da Delegación...

  • A delegación da Xunta en Lugo acolle a mostra das obras presentadas ao Certame de Arte Xaneiro 18, 21

    A sala de exposicións da Delegación Territorial da Xunta en Lugo...

  • Remata o prazo dos Certames do Belén de Begonte Xaneiro 14, 21

    Mañá, venres, 15 de xaneiro, rematan os prazos de presentación de...

  • Imaxes do Nadal, na Biblioteca Provincial de Lugo Xaneiro 08, 21

    A exposición IMAXES DO NADAL, que desde mediados do pasado...

  • A web do Belén de Begonte xa inclúe o BELÉN VIRTUAL Decembro 24, 20

    A web ...

  • Certame de Poesía do Belén de Begonte Decembro 22, 20

    O Centro Cultural José Domínguez Guizán,...

  • Certame de Arte do Belén de Begonte Decembro 21, 20

    O Centro Cultural de Begonte convoca o XXXI CERTAME GALEGO DE ARTE...

  • Presentación de O NADAL EN BEGONTE 2020 Decembro 14, 20

    Mañá, martes, ás 13,15 h., vaise presentar na Delegación...

  • O primeiro Pregón virtual do NADAL DE BEGONTE Decembro 10, 20

    Hoxe, no Belén de Begonte, o Secretario Xeral...

  • Valentín García Gómez será o primeiro pregoeiro virtual do Nadal en Begonte Decembro 08, 20

    Valentín García Gómez, Secretario Xeral de...

< >

Belén de Begonte
Avda. de Galicia, s/n – Begonte – 27373 – LUGO – ESPAÑA / +34 982 396 121 / info@belendebegonte.es
GaliciaDigital 2017