• Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto
Menú
  • Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto

Presentado no Belén de Begonte o proxecto “Os nove anos de Fraguas en Lugo”

12/20/2019

Foi presentado no Belén de Begonte (Lugo) o proxecto-homenaxe "OS NOVE ANOS DE FRAGUAS EN LUGO". Ao acto asistiron o presidente do Centro Cultural José Domínguez Guizán, Jesús Domínguez, o alcalde de Begonte, José Ulla, e o presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz.

Este proxecto está composto polo libro “Os  nove anos de Fraguas en Lugo”, que recolle textos dos promotores desta iniciativa, e doutros amigos e antigos alumnos de Antonio Fraguas, sobre os nove anos que este pasou en Lugo, e da profunda pegada que deixou neles e na sociedade lucense; unha exposición itinerante, composta por doce paneis, nos que se resumen os contidos do libro; e a web fraguasenlugo.org, que recolle todas os contidos da publicación en papel. Neste acto foron presentadas todas estas accións.

"Os nove anos de Fraguas en Lugo"

Convocados polo profesor Manuel Regueiro Tenreiro, que tivo gran relación profesional e persoal con don Antonio Fraguas, reuniron recordos o historiador Antonio Prado Gómez (ao que nada do antigo “Instituto Masculino de Lugo” lle é alleo), e os antigos alumnos do vello profesor, Paco Martín, Xulián Parga e Xulio Xiz, para –por serlle dedicado a Fraguas o Día das Letras Galegas do ano 2019– facer un achegamento á pegada que o Mestre Fraguas deixou na cidade das murallas, e en todos os que tivemos / tiveron a sorte de telo por docente e amigo.

Polo recente pasamento do profesor Manuel Regueiro Tenreiro, a homenaxe a Fraguas ven ser tamén unha homenaxe póstuma ao iniciador deste proxecto, o derradeiro no que con grande ilusión se involucrou.

O proxecto "OS NOVE ANOS DE FRAGUAS EN LUGO” contou coa colaboración do Colectivo Egeria e de GaliciaDigital no desenvolvemento de todas estas accións, e co apoio da Xunta de Galicia.

Esta exposición xa visitou Lugo (IES Lucus Augusti e Biblioteca Provincial), Santiago de Compostela (IES Antonio Fraguas, IES Rosalía de Castro e Pazo de San Roque), A Estrada (Casa das Letras), Vilalba (Casa da Cultura), Ferrol (Ateneo Ferrolán), Guitiriz (IES Poeta Díaz Castro), Burela (IES Perdouro), Palas de Rei (Centro Comarcal da Ulloa), Monterroso (IES), Salamanca (Centro Galego) , Cotobade (Casa do Concello), Becerreá (IES),Viveiro (IES Vilar Ponte), Meira (IES Pedregal de Irimia), Guntín (CPI Tino Grandío), A Fonsagrada (Museo Comarcal), Rábade (IES Río Miño) e será clausurada en Lugo o vindeiro día 30.

Otras noticias

  • O NADAL EN BEGONTE: Remata a 50ª edición - Xaneiro 26, 22

    Ven de darse por rematada a 50ª edición de O...

  • XLVI CERTAME NACIONAL DE POESÍA SOBRE O NADAL, BEGONTE Xaneiro 21, 22

    Reunido o xurado do XLVI CERTAME NACIONAL DE...

  • XLVI CERTAME DE DEBUXO INFANTIL SOBRE “O NADAL” Xaneiro 20, 22

    Reunido o Xurado do XLVI CERTAME DE DEBUXO INFANTIL SOBRE O NADAL...

  • PABLO VEIGA LÓPEZ-CASTELO e SANTIAGO RODRÍGUEZ LÓPEZ, premiados no XLVI Certame de Xornalismo sobre o Nadal Xaneiro 19, 22

    En Lugo, reuniuse o xurado calificador dos...

  • XXXII CERTAME GALEGO DE ARTE “JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN” Xaneiro 05, 22

    Na sala de exposicións da Delegación...

  • Na primeira semana, 2.000 persoas visitaron o Belén de Begonte e 1.687 vírono a través da web Decembro 15, 21

    Despois da súa apertura oficial o pasado 4 de...

  • A exposición 50 ANOS DO BELÉN DE BEGONTE chega á Pastoriza Decembro 07, 21

    Presentouse na Casa da Cultura da Pastoriza a...

  • Visitas ao BELÉN DE BEGONTE Decembro 05, 21

    Para respectar a normativa sanitaria, e por...

  • A exposición 50 ANOS DO BELÉN DE BEGONTE chega a Meira Decembro 02, 21

    Presentouse na Igrexa de Santa María de Meira a...

  • A exposición 50 ANOS DO BELÉN DE BEGONTE chega a Cospeito Decembro 01, 21

    Presentouse na Casa da Cultura de Cospeito a...

< >

Belén de Begonte
Avda. de Galicia, s/n – Begonte – 27373 – LUGO – ESPAÑA / +34 982 396 121 / info@belendebegonte.es
GaliciaDigital 2017