Sabela Corbelle

Naceu en Muimenta (Cospeito) en 1967. É Licenciada en Ciencias da Información (rama de Xornalismo) pola Universidade Complutense de Madrid.

Foi locutura de Radio Lugo (Ser) de 1985 a 1988. Colaborou en El Progreso, Faro de Vigo, Radio Galega e outros medios. Foi tamén locutora-redactora de Antena 3 de Lugo, colaborou en La Voz de Galicia e é corresponsal do xornal Ya, de Madrid.

O ano 1984 acadou o primeiro premio do certame de relatos convocado polo Instituto Femenino de Lugo.