Xoán Xosé Piñeiro Cochón

Nace en San Martiño de Salceda, Pontevedra, a mediados dos anos 50. Aínda vive na aldea.

É avogado e xornalista, produtor audiovisual e profesor na Facultade de Ciencias da Comunicación de Compostela.

Traballou na radio en Madrid, e fundou unha empresa de dobraxe en Vigo. Foi xuíz substituo. Guionista habitual, leva realizado medio cento de documentais por toda Galicia, para empresas e institucións. Ten impartido, ó longo dos últimos 18 anos, unha manchea de materias no eido da comunicación comercial.

Ademis de colaboracións periodísticas, conta cunha ducia de publicacións entre a narrativa e a poesía. Estudiou Teoloxía, preside unha Fundación. Amante do vento, pero só na música, gusta do jazz, o cine e a horticultura.

Obras premiadas