Xoan Neira López

Naceu en Santiago de Meilán (Lugo, 1953). É mestre en Viveiro, onde reside.

Como poeta, acadou os seguintes premios: Meigas e Trasgos de Sarria (1994), Concello de Vilalba en tres ocasións , Certame Rosalía de Castro (Barcelona, 1995) e Certame Airiños do Xunco (Cervo, 1997), entre outros.

Ten publicados os libros de poemas MEMORIA E SOÑO (1996), NAS VARANDAS DO ABRENTE (2000) e ÁS CATRO AUGAS (2004) e os poemarios infantís RECREOS e XIZ DE COR.

Publicou poemas nos xornais EL HERALDO DE VIVERO, O CORREO GALEGO e en varias revistas: GUEIROS, ANTO, LÚA NOVA, CERNA, XISTRAL...

Colabora semanalmente nas páxinas de El Progreso - A Mariña.