Xoan Xosé Fernández Abella

Monforte de Lemos, 1933. É mestre, na actualidade xubilado, e licenciado en Dereito.

De 1989 a 1991 foi membro do comité organizador da Universidade Popular de Ortigueira. Ten efectuado recitais poéticos individuais por radio e televisión, e participado en recitais colectivos en Venezuela, Galicia, Andalucía e Portugal.

Ten publicados en edicións bilingües os libros Poemas galegos. Inquietudes, hallazgos y otros poemas (1976), Escolma de poemas. Espigueo lírico (1990) e Poemas de amor, loanza, condena e outros (2011); e en edición galega, Poemas estradenses e catorce poemas máis, (2005). Participou, asimesmo, en dúas ducias de libros colectivos.