• Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto
Menú
  • Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto

XXXI Certame Galego de Arte “José Domínguez Guizán”

01/21/2021

Na sala de exposicións da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo reúnese o Xurado do XXXI CERTAME GALEGO DE ARTE “JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN”, convocado polo Centro cultural begontino impulsor do Belén Electrónico, composto por:

JAVIER ARIAS FOUZ, Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo
AURELIA BALSEIRO GARCÍA, Directora do Museo ProvincIal de Lugo
MANUEL GULÍN RODRÍGUEZ, pintor
GONZALO SÁNCHEZ FOLGUEIRA, “ZALO”, pintor
MARÍA JOSÉ GÓMEZ RODRÍGUEZ, Xefa territorial de Cultura da Xunta en Lugo e
XULIO XIZ RAMIL, xornalista, en representación do Centro cultural convocante.

Diante das 18 obras presentadas a Concurso, o Xurado fixo constar a súa satisfacción pola alta calidade dos traballos, que facía difícil a súa decisión, xa que prácticamente todos os cadros participantes serían merecentes de mención de honra pola súa calidade.

O Xurado, por unanimidade, decideu conceder o PREMIO JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN DE ARTE, dotado con 1.500€ e estatuíña de Sargadelos á obra titulada  “Cara adiante”, de MANUEL CARBALLEIRA RIVAS, oriundo de Cospeito (Lugo) e residente en Valdoviño (A Coruña), pola “composición, perspectiva, calidade técnica, cor e temática” da obra seleccionada.

Pola calidade dos traballos presentados, o Xurado acorda conceder cadansúa MENCION DE HONRA, dotadas con estatuíña de Sargadelos, ás obras:  “Llegando a la ciudad”, de SANTIAGO LAGO CANZOBRE, de Ferrol e “Burgo epicromático”, de EDUARDO PÉREZ BAAMONDE, oriundo de Vilalba (Lugo), residente en Cambados (Pontevedra).

En próximas  datas farase a entrega virtual dos premios.

Otras noticias

  • O NADAL EN BEGONTE: Remata a 50ª edición - Xaneiro 26, 22

    Ven de darse por rematada a 50ª edición de O...

  • XLVI CERTAME NACIONAL DE POESÍA SOBRE O NADAL, BEGONTE Xaneiro 21, 22

    Reunido o xurado do XLVI CERTAME NACIONAL DE...

  • XLVI CERTAME DE DEBUXO INFANTIL SOBRE “O NADAL” Xaneiro 20, 22

    Reunido o Xurado do XLVI CERTAME DE DEBUXO INFANTIL SOBRE O NADAL...

  • PABLO VEIGA LÓPEZ-CASTELO e SANTIAGO RODRÍGUEZ LÓPEZ, premiados no XLVI Certame de Xornalismo sobre o Nadal Xaneiro 19, 22

    En Lugo, reuniuse o xurado calificador dos...

  • XXXII CERTAME GALEGO DE ARTE “JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN” Xaneiro 05, 22

    Na sala de exposicións da Delegación...

  • Na primeira semana, 2.000 persoas visitaron o Belén de Begonte e 1.687 vírono a través da web Decembro 15, 21

    Despois da súa apertura oficial o pasado 4 de...

  • A exposición 50 ANOS DO BELÉN DE BEGONTE chega á Pastoriza Decembro 07, 21

    Presentouse na Casa da Cultura da Pastoriza a...

  • Visitas ao BELÉN DE BEGONTE Decembro 05, 21

    Para respectar a normativa sanitaria, e por...

  • A exposición 50 ANOS DO BELÉN DE BEGONTE chega a Meira Decembro 02, 21

    Presentouse na Igrexa de Santa María de Meira a...

  • A exposición 50 ANOS DO BELÉN DE BEGONTE chega a Cospeito Decembro 01, 21

    Presentouse na Casa da Cultura de Cospeito a...

< >

Belén de Begonte
Avda. de Galicia, s/n – Begonte – 27373 – LUGO – ESPAÑA / +34 982 396 121 / info@belendebegonte.es
GaliciaDigital 2017