Zita López Teijeiro

Naceu en Paradela o 19 de abril de 1990. Reside en Bexán (Cospeito), e cursou estudios de E.S.O. no Instituto Trapero Pardo de Castro Riberas de Lea (Castro de Rei).

Ten acadado o segundo premio (categoría de 12 a 14 anos) no VIII Certame de Contos e Relatos Curtos "Trapero Pardo", convocado polo Concello de Lugo o ano 2002, e o primeiro premio (categoría 11 a 14 anos) no VIII Certame de Poesía "Francisco Añón", convocado polo Concello de Outes en 2004.

Gosta de ler, escoitar música, montar en bici, camiñar polo monte e observar os animais e as plantas.