Clausura da XL campaña de O NADAL en Begonte
O pasado sábado, pechouse en Begonte a XL campaña de O NADAL, organizada polo centro cultural José Domínguez Guizán, entidade promotora do Belén Electrónico begontino.
O punto máis relevante desta campaña é a apertura do Belén, que cada Nadal consegue que arredor de 40.000 persoas acudan a Begonte para contemplar esta fermosura electrónica onde se reflicten escenas da vida tradicional da Chaira, o paso dos Reis Magos, os elementos climatolóxicos... todo co fin de facer cada ano realidade o nome que se lle ven dando a este concello, onde en lugar de falar do "Belén de Begonte" xa se fala de "Begonte do Belén".
Inauguración
A inauguración, co pregón do Presidente da Xunta de Galicia, leído pola Delegada territorial da Xunta en Lugo, na que delegou este cometido por compromisos do seu cargo, abría esta XL edición como vinte anos antes a abría o que pronunciaba o entón Presidente de Galicia, Manuel Fraga Iribarne. Con este motivo, ofreceu un recital de cancións do Nadal o Orfeón Lucense, coro titular da Catedral de Lugo, dirixido polo seu titular adxunto, Marcos Fernández Mosquera.
Abriuse, así mesmo, de novo o Museo do Belén, que recolle figuras e edificacións que no seu momento figuraron en diversas edicións do Belén, e nas continuas renovacións pasaron ó Museo como lembranza da evolución desta instalación.
Desde mediados dos anos setenta, e co gallo do Nadal, o Centro Cultural convoca os certames NACIONAL DE POESÍA SOBRE O NADAL (patrocinado por Caixa Galicia), CERTAME DE XORNALISMO SOBRE O NADAL (Patrocinado pola Xunta de Galicia), PREMIO GALEGO DE ARTE "JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN" e CERTAME PROVINCIAL DE DEBUXO INFANTIL (Patrocinado por Caixa Rural).
Exposicións
Con motivo do Certame de Arte, e cos traballos artísticos presentados, organízase unha mostra doble en Lugo e Begonte. Primeiramente en Lugo móstranse os traballos na Sala de arte da Xunta de Galicia e, con posterioridade, trasládanse á Casa da Cultura de Begonte, á que acode o Xurado para emitir o seu fallo.
E, organizada polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá e coa colaboración do Concello de Begonte, exponse ao público a mostra fotográfica IMAXES DO NADAL, que en anteriores edicións se expuxo en Lugo, Begonte, Outeiro de Rei e Guitiriz. Nesta edición a exposición abriuse nas Casas de Cultura de Cospeito e Vilalba.
O Belén
Como todos estes anos o Belén, abrindo todos os días mañán e tarde, recibiu preto de corenta mil visitantes de toda Galicia, sendo dignas de mencionar numerosas visitas colectivas de centros educativos das provincias de Lugo e A Coruña, con especial incidcencia dos diversos concellos da comarca da Terra Chá.
Cada sesión do Belén dura arredor de catorce minutos, durante os que se aprecia o movemento das figuras, o paso dos Reis, o fluir da auga, os fenómenos naturais... Toda unha lección de vida e tradición que moitos queren contemplar máis dunha vez para mellor apreciar todos os detalles.
A visita ao Belén de Begonte complétase coa do Museo do Belén, situado nunha sala de inmediato onde tamén se pode contemplar parte da colección de arte do Centro Cultural, formada cos cadros premiados nos diversos Certames galegos de arte.
Clausura
Como é tradicional, o último sábado de xaneiro péchase en Begonte a longa tempada do Nadal - case dous meses- coa entrega de premios dos diversos certames e a actuación dunha coral, neste caso a Polifónica Vilalbesa, dirixida por Uxío García Amor.
Entregaron os Premios o Alcalde de Begonte, José Ulla Rocha e a delegada municipal de cultura, Ana Lage; o Presidente de honra do Belén Electrónico, José Luis Hernangómez Sastre; o responsable territorial de Cultura e Patrimonio da Xunta de Galicia, José Carlos Rodríguez Andina en representación da Delegada Territorial, e o Director Provincial da Fundación Nova Caixa Galicia, Sinesio Pérez, xunto co Presidente do Centro Cultural, José Domínguez Guizán.
Recibiron os seus garlardóns os premiados nos catro certames anuais do Centro Cultural:
XXXVI CERTAME DE DEBUXO INFANTIL SOBRE O NADAL
Xurado: JESÚS DOMÍNGUEZ GUIZÁN, Presidente do Centro Cultural convocante; MANUEL GULÍN RODRÍGUEZ, pintor e JESÚS VEIGA SANGIAO, do Centro Cultural begontino.
Premios:
CATEGORÍA A - Ata 10 anos:
Primeiros premios:
PAULA BARREIRO RODRÍGUEZ. 10 anos. Colexio San Xosé, de Lugo.
AMANDA GARCÍA VALE. 9 anos. Colexio Lois Tobío, de Viveiro.
ÁNGELA IGLESIAS IGLESIAS. 10 anos. Colexio Virxe do Corpiño, de Begonte.
Segundos premios:
ANA BASANTA GONZÁLEZ. 10 anos. Colexio Lois Tobío, de Viveiro
EMMA MARÍA REGO EIROA. 8 anos. Colexio Lois Tobío, de Viveiro
NEREA MONTOYA MONTOYA. 9 anos. Colexio Virxe do Corpiño, de Begonte
ALDARA IGLESIAS PEÑA. 6 anos. Colexio nº 1 de Foz
ALMA FOLGUEIRA FERNÁNDEZ. 7 anos. Colexio nº 1 de Foz.
CATEGORÍA B - De 11 a 15 anos:
Primeiros premios:
DIOGO MIGUEL BARBOSA OLIVEIRA. 6º curso. Colexio Juan Rey, de Lourenzá.
LIDIA VILLARGORDO GONZÁLEZ. 12 anos. Ies Vilar Ponte, de Viveiro
INACIO ANTÓN NUEVO LÓPEZ. 13 anos. Ies Vilar Ponte, de Viveiro
Segundos premios:
ÁNGELA MARTÍNEZ SARMENTERO, RAQUEL GONZÁLEZ QUINTELA, NOELIA OCA BERMÚDEZ e NOA LÓPEZ CASTRO. 11 anos. Colexio Lois Tobío (Viveiro).
PEDRO REDONDO LOUREIRO. 12 anos. Ies Vilar Ponte, de Viveiro.
BEATRIZ PENA LÓPEZ. 11 anos. Colexio Lois Tobío, de Viveiro.
CINTIA BARRIA. 12 anos. Ies vilar Ponte, de Viveiro.
SERGIO GAYOSO DÍAZ. 11 anos. Colexio Virxe do Corpiño, de Begonte.
XXII CERTAME GALEGO DE ARTE “JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN”
Xurado: JESÚS DOMÍNGUEZ GUIZÁN (Presidente do Centro Cultural convocante), AURELIA BALSEIRO GARCÍA, Directora do Museo Provincial de Lugo; MANUEL GULÍN RODRÍGUEZ, pintor; GONZALO SÁNCHEZ FOLGUEIRA, pintor; ANA LAGE CABRERO, Concelleira de Cultura de Begonte; e XULIO XIZ, xornalista.
Premios:
PREMIO JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN de arte, dotado con 1.500€ e estatuíña de Sargadelos, a IAGO EIREOS, de Lugo, pola súa obra “Dos Hermanas”.
Asi mesmo, diante da calidade das obras presentadas, acordan conceder tres mencións de honra, dotadas con cadansúa estatuíña de Sargadelos a:
SABELA ARIAS, pola súa obra “Mirando á cidade”
EDUARDO BAAMONDE, por “A noite do soldadiño de chumbo”
NOA PERSÁN, por “O feitizo da Maruxaina”.
XXXVI CERTAME DE XORNALISMO “BEGONTE E O NADAL”
Xurado: XESÚS MATO MATO(crego e escritor); BLANCA PACIN SOMOZA (Bibliotecaria), JOSÉ RODRIGUEZ GOMEZ (Profesor; secretario do Centro cultural convocante), MARCIAL GONZALEZ VIGO, escritor e XULIO XIZ RAMIL, xornalista que actúa como Secretario.
Premios: PREMIO BEGONTE DE XORNALISMO, dotado con 600€ e estatuíña de Sargadelos, ao traballo “INMELLORABLE AGASALLO”,publicadoen www.galiciadigital.com, o 5 de Janeiro de 2012, por KENIA VALLE PRADO, de Cerdeiras-Begonte.
Segundo Premio, dotado con 300€ e estatuíña de Sargadelos, concédese a CHEGADA DO MAR (CONTO DO NADAL), publicado en www.galiciadigital.com, o 5 de Janeiro de 2012, por XOSÉ ROMÁN ESCOURIDO BASANTA.
Pola calidade do seu traballo, concédese MENCIÓN DE HONRA dotada con estatuíña de Sargadelos a XOSÉ LUIS OTERO CEBRAL, polo traballo titulado “BEGONTE CHAMA POLO NADAL”, publicado en El Progreso o pasado seis de Janeiro.
XXVI CERTAME NACIONAL DE POESÍA SOBRE O NADAL
Xurado: XAVIER RODRÍGUEZ BARRIO (escritor), SINESIO PÉREZ RODRÍGUEZ (En representación de Novacaixa Galicia, entidade patrocinadora) e XULIO XIZ RAMIL (en representación do centro cultural convocante).
PREMIO BEGONTE DE POESÍA, dotado con 600€ e estatuíña de Sargadelos, ao poema “NO ESTOY ALLÍ”, presentado baixo o lema “Bajorrelieve”, por JUAN JOSÉ VÉLEZ OTERO, de Sanlucar de Barrameda-Cádiz.
O SEGUNDO PREMIO, dotado con 300€ e estatuíña de Sargadelos concédese ao poema NA CARABELA DOS DESEXOS (Cantata), do que é autor Xosé Otero Canto, de Lugo.
Pola calidade dos seus traballos, o xurado acorda conceder cadansúa MENCIÓN DE HONRA aos poemas: EDICTO DE NAVIDAD, presentado co lema “Vaso de música” por LÁZARO DOMÍNGUEZ GALLEGO, do Ferrol. E O BELÉN DA CHAIRA, do que é autor MARTIÑO MASEDA LOZANO, de Vilalba.

