O Concello de Begonte
Begonte, capitalidade dun concello de arredor de 125 km2, pertence á comarca natural de A Terra Chá. Rodéano os concellos de Vilalba, Guitiriz, Cospeito, Rábade, Friol e Outeiro de Rei, a súa poboación é de case 5.000 habitantes. A zona central é eminentemente chá. As maiores alturas do concello rexístranse nas zonas montuosas do Norte, Noroeste e Sur. O monte Cordal, ó Sur, moi preto xa do termo municipal de Friol é a cota máxima do concello. |
A unha vintena de quilómetros de Lugo, está Begonte, un deses "pobos homildes, ciscados pola Cha", que dixo o poeta Manuel María.