O Nadal
A tempada do Nadal, en Begonte, dura dous meses. Desde comezo de Decembro ó remate de Xaneiro.
O comezo márcao o Pregón do Nadal que pronuncia un persoeiro da vida cultural, social ou relixiosa de Galicia. Pregoeiros do Belén foron os dous últimos arcebispos de Santiago de Compostela e os bispos de Mondoñedo-Ferrol e Lugo, Fraga Iribarne, Vázquez Portomeñe, López Besteiro, García Leira, Manuel Regueiro, Luis Rial, Tuñas Bouzón, Filgueira Valverde... E López Orozco, Adolfo de Abel, Blanco Campaña, Jesús Parga, Emilio Valadé...
Cada ano convócase cadansúa edición do Certame galego de arte "José Domínguez Guizán", Certame Nacional de Poesía sobre O Nadal, Certame de Xornalismo sobre O Nadal, Certame de Debuxo infantil, e publícase un libriño cos traballos premiados en cada edición dos certames de poesía e xornalismo.
|


Todos estamos invitados a visitar o Belén de Begonte, agardando que, como quería Fiz Vergara Vilariño, nos aproveite a visita: "A Begonte este ano iremos pra visita-lo Belén; de Begonte voltaremos encheitos de paz e ben."