O Belén

Trátase dun belén que ten vida propia, no que as figuras están animadas electronicamente e, conxuntamente, conforman unha escena de Belén tradicional axeitado a Galicia, onde os labregos cultivan a terra, Misterio-Belen de Begonteos pastores atenden o gando, os carpinteiros carpentean e os pescadores pescan.

 

Todo para mellor escenificar, representar, unha imaxe que ten tanto de inocencia como de técnica, de fe como de respecto á tradición.

 

 

No decurso dos anos o Belén foi medrando, ocupando toda a planta baixa do local Edificio- Belen de Begonteonde está instalado, e cada ano sofre fonda transformación para que os que acoden tódolos anos a velo -que son moitísimos- teñan sempre novidades que ver e que contar.

Desde hai uns anos, na sala inmediata ó Belén está montado o Museo do Belén, onde se van incorporando en cada edición os edificios, as figuras e os conxuntos animados que cada ano van sendo renovados na instalación.


"Esta páxina web en galego tivo unha axuda outorgada pola Xunta de Galicia - Presidencia-Secretaría Xeral de Comunicación-"

Logo Xunta-Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual