Antonio Calvo Varela

Estudiou Maxisterio na Escola Superior da Coruña, conseguindo a súa primeira praza en propiedade en 1962. Entre os anos 1963-68 estudiou Filosofía e Letras na Universidade Complutense de Madrid. Durante o curso 1969-70 foi profesor axudante de Clases Prácticas na Cátedra de Metafísica (Crítica) e posteriormente profesor de Filosofía nos Institutos de Xerez da Fronteira, Madrid, Viveiro e Lugo. Foi director do Instituto de Bacharelato de Viveiro entre 1974 e 1977.

De 1977 a 1979 foi profesor agregado e xefe de estudios de nocturno do Instituto "Nosa Señora dos Ollos Grandes" de Lugo. No curso 1979-80 accedeu ó corpo de catedráticos con destino no Instituto "Lucus Augusti" de Lugo. Foi xefe de estudios (1982-85) e secretario do Instituto Galego de Bacharelato a Distancia (1985-91). Desde 1991 a 2005 foi delegado provincial en Lugo da Consellería de Cultura e Xuventude/ Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia.

Obras premiadas