Félix Villares Mouteira

Crego e profesor nado en Belesar-Vilalba, desde moi novo evidenciou unha especial querencia pola cultura e pola escritura, promovendo con outros compañeiros ós 17 anos no Seminario de Mondoñedo a revista "Trapedio".

é licenciado en Teoloxía pola Universidade de Salamanca, foi rector do Seminario Menor Santa Catalina de Mondoñedo, e de 1999 a 2006 vicario xeral da diocese de Mondoñedo- Ferrol. No Seminario, desenvolveu un importantísimo labor cultural e deportivo cos sues alumnos, e fixo deste centro un dos máis destacados do norte lucense.

Creador da revista mensual “Amencer”, ten publicado “Os poetas do Seminario de Mondoñedo, “Xosé Crecente Vega”, “San Martiño de Belesar, memoria e futuro”, entre outros libros, e colaborado en La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, El Progreso, Encrucillada, Amencer e A Croa.

En outubro de 1999, a cidade de Mondoñedo rendeulle unha homenaxe popular en agradecemento ó seu labor á fronte do Seminario Santa Catalina.

Defensor da liturxia en galego, asíduo colaborador en prensa e radio, ten publicado varios libros de investigación social, histórica e literaria, e pronunciado numerosas conferencias.

Tanto os seus alumnos como el teñen sido premiados nos certames literarios convocados polo Centro “José Domínguez Guizán” de Begonte.