María Soledad García Riveiro

Soledad García é unha escritora e ilustradora nigranesa cunha obra caracterizada polo seu compromiso na defensa do idioma galego, do medio ambiente e do patrimonio da comarca do Val de Miñor e de Vigo. Autora de dezaoito libros infanto-xuvenís: DEDAS, Un paseo por Nigrán, Un paseo por Baiona, A walk in Baiona, Un paseo por Gondomar, SAMAGOSTÍN, URCO unha historia reciclada, VERSOS E ABELLAS para salvar o planeta, ZOO LIBRE, Herbario do Solsticio de Verán, Un paseo polo Nadal de Vigo, VERSES AND BEES to save the planet, SON XENA Adóptasme?, O soño de SEDNA, LOST, Misión para unha formiga, Caderno de Actividades VIGO Planeta e CARLA a golfiño cachalote. Participa en diversos festivais poéticos e realiza sesións de contacontos. É a creadora de PUEOSÍA, un proxecto de poesía visual que potencia a creatividade a través do xogo con imaxes, ideas e reflexións, e de tres poemarios ilustrados: APOSIOPESE, O Camiño de Perséfone e POEMARcovida, homenaxe ao traballo do persoal sanitario e de protección civil durante a pandemia.

Entre os seus últimos premios literarios destacan: O Belén de Begonte, 2º premio de II Certame audiovisual sobre o Nadal,  Ubuntu, 2º premio de relato VIII Certame de Debuxo e Creación Literaria Avelino Díaz, Henko, 3º premio de poesía VIII Certame de Debuxo e Creación Literaria Avelino Díaz, Cutis mea denigrata est super me et ossa mea aruerunt prae caumat, mención de Honra Certame Poesía Manuel Oreste Rodríguez López, Tindouf [ⵜⵉⵏⴷⵓⴼ ], mención de Honra Concurso Literario e Artístico As cousas de Castelao, Non quero que se perda, 1º premio de Fotografía Literaria Ollo con Nigrán, Unha aldea de luz, 2º premio no IV Certame Exeria do Ateneo Atlántico de Vigo, MAI · Muller Amadora Ígnea, 1º premio no XXXII Certame Literario Xaime Illa Couto de Poio, Centón Villaltiano, 1º premio no XVIII Certame Literario Verbas Novas, Bethléem, 1º premio no XLVIII Certame Nacional de Poesía sobre o Nadal, O camiño de Perséfone, 1º premio no VIII Certame de Poesía en Lingua Galega Manuel María de Gipuzkoa, As palabras son cinzas por soprar, 1º premio no XXVIII Certame de Poesía Manuel Oreste Rodríguez López de Paradela, APOSIOPESE, 3º premio no XI Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro de Mondoñedo, Nunha vila caben todos os ventos, 1º premio no III Certame de Relato O Enxeño Engaiolado de Baiona, Haberán de construír un cemiterio nas illas, algún día!, 1º premio no XIX Certame de Relato Curto de Mugardos, Vivaldi de haikus, 1º premio no XIX Certame de Poesía Anomar, Mil bandeiras para España, 2º premio I Slam Semana Poética Victoriano Taibo, Crisálida, 1º premio no II Certame Literario de Microrrelato Aliteraclara.

Ten publicado dezaoito obras colectivas nas editoriais Elvira, Kalandraka, Galaxia, no blog-revista Versos e Aloumiños e na revista do Instituto de Estudos Miñoráns, no que forma parte do grupo de Promoción do Uso do Galego.

Obras premiadas