Xoan Neira López

Meilán - Lugo, 1953. Mestre xubilado. Vive en Viveiro desde 1982. É membro fundador do Seminario de Estudos «Terra de Viveiro» co que participa en publicacións colectivas e outras actividades.

Premiado en distintos certames de poesía: Meigas e Trasgos de Sarria, Concello de Vilalba (en tres ocasións), Rosalía de Castro de Barcelona... e nos de xornalismo Reimóndez Portela (A Estrada) e Begonte e o Nadal, tamén en tres ocasións.

É autor dos libros de poemas: Memoria e soño, Nas varandas do abrente, Ás catro augas e Linguaxes, en colaboración co artista plástico Otero Regal .

En poesía infantil é coautor do poemario musicado Recreos (1997) e autor de Xiz de cor (2004), Farrapos de nube (2007), No cubil da lúa (2009), Un niño no xardín ( 2012) Chafarís (2017) e Gaiola aberta (2018).