Chelo Gayoso Díaz
Naceu en S. Xoán de Loio (Paradela, Lugo). Con cinco anos tivo que abandoar o seu pobo por mor da construcción do encoro de Belesar. Foi un acontecemento que marcou moito a súa vida. Alí fican as súas raíces asolagadas polos ríos Miño e Loio. Actualmente reside en Sanmartiño de Guillar (Outeiro de Rei) Lugo.
Publicou dous libros de poesía: “Camino de estrellas” e “O laio das Pedras”, e acaba de sair a luz “ La Voz del Silencio”.
Colaborou na revista da “Irmandade da Sta. Marta de León”.
Participou en publicacións colectivas como “Mesturas” e “Manuel María” (libro homenaxe con motivo do día das letras galegas 2016),en ” Xistral” (2020, 2021, 2022, 2023 e 2024), e en varias publicacións Hispano - Portuguesas (“Raia Luso Espanhola”, “Camiños da Poesía I, II e III”, “Poetas do Reencontro”, “Cultura sen fronteiras”, “Abrazo de Culturas", “Historias de Encantar”, “Camiño” e “ Por un Mundo Melhor”).