Carlos López Fernández

´Naceu en Ferrol en 1949. É licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago.

Foi docente en centros públicos de Cataluña e de Galicia. Na actualidade, está xubilado e reside en Lugo.

En Begonte obtivo o 1.º Premio do Certame Nacional de Poesía sobre o Nadal na XXXVIII edición e o 2.º Premio nas edicións XXXIX e XL. Gañou o 1.º Premio no XL Certame de Poesía do Concello de Vilalba, e foi finalista no 2016 da 1.ª Gala do Libro Galego.