Ruth Fernández Fernández

É licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, na que realizou colaboracións co Departamento de Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral.

É colaboradora habitual de xornais como Galicia Hoxe e La Voz de Galicia. Tamén ten publicado traballos en El Progreso, Lugoxove, Evohé, Moenia ou Unión Libre.

Gañou o Premio de Relatos Curtos do Concello de Lugo, e o Premio Periodístico Manuel Reimóndez Portela, na súa novena edición, pola serie de traballos publicados sobre o fomento da lectura, sendo a primeira muller que recibe este galardón.