Xavier Lama López

Categoría: Xornalista e escritor
Data de Nacemento: 12 de xullo de 1962
Lugar de Nacemento: Santa Euxea, Guntín (Lugo)

Currículum

Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense. Máster en Publicidade polo I.D.E., Madrid. Actualmente é xornalista e presentador na Televisión de Galicia, ademais de profesor asociado na Facultade de Humanidades de Lugo. Publicou colaboracións en distintos medios galegos e entre os anos 1983-88 en xornais e revistas de Madrid (El País, Liberación, La Luna...). Traballou tamén na radio durante esa época e exerceu como comentarista político a través de axencia para quince xornais de ámbito autonómico (Heraldo de Aragón, Diario de Navarra, La Crónica de León, Canarias 7...).

Obras realizadas

Ten obra publicada en doce libros de autoría individual ou colectiva.
NARRATIVA: Os moradores da nada (Ed. Galaxia, Premio "Álvaro Cunqueiro de narrativa, convocado polos Concellos de Vigo e Mondoñedo).
TEATRO: O peregrino errante que cansou ó demo, O serodio remordemento do amor, Memoria de Antígona, etc... Ademais conta con diversos traballos sobre comunicación, teatro e literatura en publicacións especializadas. No ámbito da comunicación participou con relatorios, entre outros, nos Congresos Internacionais sobre Estudios Galegos celebrados en Nova York, Oxford e Trier (Alemaña).

Outros datos de interese

No ámbito do articulismo xornalístico recibiu varios galardóns: premio Internacional "Aira France" para novos xornalistas, "Galicia de Xornalismo" 1989 ó mellor artigo do ano, "Mirador da Complutense" ou Premio de Periodismo Literario "L'Oreal" 1992. Galardóns literarios: "Álvaro Cunqueiro" de narrativa; en teatro o "Camiño de Santiago 1993" e o "Rafael Dieste". A súa producción poética tamén foi galardoada en distintos certames literarios.