L CERTAME DE XORNALISMO SOBRE O NADAL
01/21/2026
Reunido o Xurado do L CERTAME DE XORNALISMO SOBRE O NADAL, convocado polo Centro Cultural José Domínguez Guizán, impulsado polo Belén de Begonte, formado por JOSÉ ULLA ROCHA, Alcalde de Begonte; JAVIER ARIAS FOUZ, Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo; BLANCA PACÍN SOMOZA, Bibliotecaria; SARA BLANCO DIAZ e MARÍA JESÚS BLANCO DÍAZ, da Comisión de Cultura do Centro cultural convocante, e JOSÉ RODRÍGUEZ GÓMEZ, secretario deste centro cultural, acordou premiar os seguintes autores:
Primeiro premio, dotado con 1.000 € e diploma, ao artigo EQUIVOCÁNDONOS NA ESENCIA, de Ruth Fernández Fernández, publicado en GaliciaDigital, o 5 de xaneiro pasado.
Segundo premio, dotado con 500 € e diploma a SEGUNDA CARTA AOS BEGONTINOS, de Pablo Núñez González, publicado en GaliciaDigital o 1 de decembro de 2025.
Pola calidade do traballo, concédese MENCIÓN DE HONRA, dotada con diploma, a Pepe Pol, por LA MEJOR TARJETIÑA DE NAVIDAD, EN BEGONTE ESTÁ, publicado en GaliciaDigital o 18 de decembro de 2025.
Os premios serán entregados o próximo 31 de xaneiro, no decurso dos actos de clausura de O Nadal en Begonte.