L CERTAME NACIONAL DE POESÍA SOBRE O NADAL
01/20/2026
Reunido o Xurado do L CERTAME NACIONAL DE POESÍA SOBRE O NADAL, convocado polo Centro Cultural José Dominguez Guizán de Begonte, formado por Xavier Rodríguez Barrio, escritor; Sara Blanco Díaz e María Jesús Blanco Díaz, da Comisión de Cultura do centro cultural convocante, e Xulio Giz Ramil. Presidente do Centro, que actúa como Secretario, acordan premiar os traballos dos seguintes autores.
PREMIO BEGONTE DE POESÍA, dotado con 1.000 € e diploma, a CHELO GAYOSO DÍAZ, residente en San Martiño de Guillar (Outeiro de Rei - Lugo), polo seu poema A LUZ DE BEGONTE.
SEGUNDO PREMIO, dotado con 500 € e diploma, a JOSÉ ANTONIO MALO FERNÁNDEZ, de Salinas de Pisuerga (Palencia), polo poema DONDE TÚ TE HICISTE NUESTRO.
Pola calidade do traballo, concédese unha MENCIÓN DE HONRA, dotada con diploma, a PABLO NOGUEIRA CAMPO, de Ourense, polo poema BELÉN É BEGONTE.
Os premios serán entregados o próximo 31 de xaneiro, no decurso dos actos de clausura de O NADAL EN BEGONTE.