Convocatoria de Asemblea Xeral de Socios do Centro Cultural José Domínguez Guizán
01/14/2026
De conformidade co disposto nos Estatutos polos que se rexe o Centro cultural José Domínguez Guizán, convócase Asemblea Xeral de Socios 2025 para o sábado, 17 de xaneiro de 2026, ás 11,30 en primeira convocatoria e ás 12,00 en segunda e definitiva, para examinar e, no seu caso, aprobar os seguintes temas:
- Estado de contas correspondente á campaña 2024-2025
- Plan de actividades de O NADAL 2025-2026
- Avance do estado de contas da actual campaña
- Previsión de posibles accións para O NADAL 2026-2027
De acordo cos Estatutos desta Asociación, incluiranse aqueles asuntos propostos por un número de membros da asociación non inferior ao dez por cento, que sexan presentadas cunha antelación mínima de cinco días da celebración da Asemblea ao Secretario da Xunta directiva.