Dúas novas figuras no Belén de Begonte
11/19/2026
Dúas novas figuras -unha con movemento- se incorporan este Nadal ao Belén de Begonte. Son obra de Ramiro Cruz Gómez, un dos coidadores do Belén, que este ano se estrena na confección de figuras, o que augura novas incorporacións no futuro.
Unha delas, estática, lembra e rende homenaxe a Jesús Domínguez Guizán, Parroco de Begonte, que impulsou o Belén durante case catro décadas, e finou recentemente aos 93 anos.
A outra, móbil, lembra o traballo dos antigos canteiros artesanais que picaban a pedra para as construcións, nun traballo artesán que xa é historia.
O Belén abrirá as súas portas o próximo sábado na súa LV edición, co pregón que ás seis da tarde pronunciará o Director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles Remy.