• Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto
Menú
  • Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto

A exposición 50 ANOS DO BELÉN DE BEGONTE chega a Meira

12/02/2021

Presentouse na Igrexa de Santa María de Meira a mostra 50 ANOS DO BELÉN DE BEGONTE (1972-2022), proxectada polo Colectivo Egeria e o Centro Cultural José Domínguez Guizán (impulsor do Belén de Begonte), apoiada pola Xunta de Galicia e o Concello de Begonte, e que resume a vida e actividade deste Belén electrónico que a Xunta declarou en 2014 “de interese turístico galego”. Participaron no acto o teniente de alcalde de Meira, Agustín Méndez, e o Presidente do Colectivo Egeria e vicepresidente do Centro Cultural, Xulio Xiz.

50 anos do Belén de Begonte (1972-2022)

A exposición está composta por trece paneis que reflicten as datas e os datos máis destacados da historia do Belén, con mención especial ao Nadal de 1972, na que o bispo de Mondoñedo, Monseñor Araujo bendiciu o Belén que nacía, e pronunciou o pregón Víctor Sáenz. Anos despois Monseñor Araujo sería tamén pregoeiro do Belén. O Nadal en Begonte ten sido pregoado neste case medio século por profesores, escritores, xornalistas, políticos, cregos, bispos… e dous Presidentes da Xunta, un presidente do Parlamento, un Arcebispo e un Xeneral. É costume desde a súa creación que ao nomeamento de cada bispo de Mondoñedo-Ferrol sexa este o que pregoe o Nadal begontino, polo que este ano corresponderalle esa especial función a Monseñor Fernando García Cadiñanos.

O último dos pregoeiros ata o de agora, á vez que o primeiro virtual, foi Valentín García Gómez, Secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Destácase a galeguidade do Belén, o seu carácter de chairego, por reflectir a cultura e os costumes da Terra Chá, convertendo Begonte nunha especial Galilea onde cada ano se escenifica o nacemento do Redentor. Cadanseu panel se dedica aos certames culturais que o Belén convoca (poesía, xornalismo, arte e debuxo infantil), sempre co Nadal como motivo.

Destácase o papel de José Domínguez Guizán (crego de Begonte, fundador) e José Rodríguez Varela (creador do Belén), que aquel 1972 deron ao mundo un belén electrónico que case medio século despois é o Belén do Camiño Norte, con vocación de ser o Belén dos Camiños, que ten mesmo alterado o nome da poboación que o sustenta, que hai anos foi bautizada polos alumnos do Seminario Santa Catarina de Mondoñedo como “Begonte do Belén”. E despois do fundador e o creador, Jesús Domínguez Guizán, como seu irmán crego de Begonte, que desde o pasamento deste asumiu a responsabilidade de continuar o labor relixioso e cultural do Belén, no que leva trinta e cinco anos.

Proba do vencello entre o Belén e o concello de Begonte é que o creador José Rodríguez Varela, cando morreu en 2010, foi declarado Fillo Predilecto do Begonte; e este Concello ten dado o nome dos IRMÁNS DOMÍNGUEZ GUIZÁN (José, fundador; Jesús, actual Presidente, e Milagros, sempre apoiando en segundo plano) á praza inmediata á sede do Belén.

Esta exposición, que está visitando 33 cidades e pobos de Galicia, pon de manifesto a intención dos responsables do Belén de que, mantendo o seu carácter virtual que o pasado ano esixiu a situación sanitaria, este ano volva estar aberto ao público desde o primeiro sábado de decembro ata o último sábado de xaneiro, e tentar superar as 40.000 visitas que se viñeron rexistrando nos anos anteriores á aparición da pandemia.

Máis información: www.belendebegonte.es

Otras noticias

  • Superados os 40.000 visitantes ao Belén de Begonte, e 35.000 visitas virtuais Xaneiro 27, 23

    O Belén de Begonte, sen contar a última semana...

  • Clausura do Cincuentenario do Belén de Begonte e entrega de premios dos Certames culturais e títulos de Socios de Honra Xaneiro 26, 23

    O próximo sábado, 28 de xaneiro, ás cinco da...

  • SANTIAGO RODRÍGUEZ e E PEPE POL Premios de Xornalismo en Begonte Xaneiro 23, 23

    Santiago Rodríguez López, biólogo lucense, profesor da...

  • "O BELÉN QUE NAMOROU BEGONTE”, de Antonio Calvo Varela, Premio nacional de Poesía sobre o Nadal Xaneiro 18, 23

    Ven de reunirse o Xurado do XLVII CERTAME NACIONAL DE POESÍA SOBRE...

  • Fallo do XLVII Certame de debuxo infantil sobre "O Nadal" Xaneiro 12, 23

    O 10 de xaneiro do 2023, reúnese o Xurado do XLVII CERTAME DE...

  • 35.000 visitas ao Belén de Begonte e 32.155 á web www. belendebegonte.es Xaneiro 09, 23

    A día de hoxe, 9 de xaneiro, o Belén de Begonte...

  • Manuel Carballeira, Premio do Certame galego de Arte Xaneiro 04, 23

    O pintor Manuel Carballeira Rivas, oriundo de Cospeito e residente...

  • Expostos na Biblioteca provincial os cadros presentados ao Certame “José Domínguez Guizán” de Begonte Xaneiro 02, 23

    Na Biblioteca Provincial de Lugo están expostos os cadros...

  • No Belén de Begonte superáronse este mércores, 28 de decembro, as 20.000 visitas Decembro 29, 22

    Nos primeiros vintesete días de “O Nadal en...

  • O 25 de decembro, o programa POLO CAMIÑO DA FE, da TVG, desde o Belén de Begonte Decembro 24, 22

    Mañá, domingo, o programa POLO CAMIÑO DA FE, da TVG estará...

< >

Belén de Begonte
Avda. de Galicia, s/n – Begonte – 27373 – LUGO – ESPAÑA / info@belendebegonte.es
Teléfono: +34 610 907 306
GaliciaDigital 2017-2022