• Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto
Menú
  • Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto

Imaxes do Nadal, en Meira

12/03/2019

Onte, martes, quedou aberta na sala de exposición da Casa de Cultura de Meira a exposición IMAXES DO NADAL, composta por obras de nove fotógrafos, membros do Grupo Fotocinematografico Fonmiñá de Lugo.

A mostra, organizada polo Centro cultural José Dominguez Guizán de Begonte, entidade promotora do Belén electrónico begontino, ten carácter itinerante e este Nadal ademais de Meira visitará a Biblioteca de Castro Ribeiras de Lea e o Centro sociocultural de Friol.

Está composta por 32 fotografías con imaxes do Nafdal desdre as máis diversas perspectivas, xa que para cada fotógrafo e mesmo para quen contempla as fotografías, o tempo de O Nadal supón algo diferente, marcado polas crenzas, experiencias, observacions... sendo esta exposición unha boa ocasión para ampliar a visión sobre este tempo tan especial.

Na foto, á dereita, o Tenente de alcalde de Meira, Alcalde accidental, Agustín Méndez Moirón, e á esquerda Xulio Xiz, vicepresidente do Centro cultural begontino e Presidente de Fonmiñá-.

Otras noticias

  • HIPÓLITO XEADA, de Alfoz, gañador do XXXVI CERTAME GALEGO DE ARTE DO BELÉN DE BEGONTE Decembro 30, 25

    Mencións de honra para MANUEL CARBALLEIRA...

  • Hoxe, 6 colectivos visitaron o Belén de Begonte Decembro 18, 25

    Este xoves, seis colectivos visitaron o Belén...

  • Inaugurado o Belén de Begonte Decembro 01, 25

    O venres 29 de novembro de 2025, abriu as portas o Belén de...

  • Accións e actividades do Belén de Begonte. O Nadal en Begonte 2025 Novembro 18, 25

    Publicacións

    ...

  • Cursiño de vídeo para 12 alumnos do CEIP de Begonte Novembro 13, 25

    Mañá, venres, comeza un cursiño de vídeo no que participarán unha...

  • El Ceip Virxe do Corpiño diseña una unidad didáctica sobre el belén de Begonte Outubro 17, 25

    El Ceip Virxe do Corpiño de Begonte y el centro...

  • Presentadas tres novas figuras do Belén de Begonte na Semana de Cine de Lugo Setembro 23, 25

    Hoxe, martes, ás 16,00 horas, na Delegación...

  • El papa Francisco mostró su interés por el belén electrónico de Begonte: "¡Qué bonito!" Abril 23, 25

    El papa Francisco mostró su interés por el belén electrónico de...

  • Comezan as plantacións de árbores do Xardín do Belén de Begonte Abril 11, 25

    O Concello de Begonte comezou as plantacións de...

  • A casa Museo de Victor Corral, no Belén de Begonte Marzo 26, 25

    A próxima edición do Belén de Begonte incluirá...

< >

Belén de Begonte
Avda. de Galicia, s/n – Begonte – 27373 – LUGO – ESPAÑA / info@belendebegonte.es
Teléfono: +34 610 907 306
GaliciaDigital 2017-2024