• Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto
Menú
  • Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto

José Ulla Rocha, Carlos Torres Lamas e José Antonio Abelleira (a título póstumo), Socios de Honra do Belén de Begonte

12/13/2022

O Belén de Begonte, con motivo do seu Cincuentenario, nomeará tres Socios de Honra que recibirán as súas distincións na xornada de clausura desta efeméride, o próximo 28 de xaneiro, no salón de actos do Centro cultural José Domínguez Guizán.

José Ulla Rocha, Alcalde de Begonte, será Socio de Honra polo seu permanente apoio ao Belén e as súas actividades, contribuíndo de xeito continuo e decidido a fortalecer o papel desta cincuentenaria iniciativa en Begonte e en toda Galicia.

A Carlos Torres Lamas, do equipo técnico e de atención do Belén, noméase Socio de Honra pola colaboración de tantos anos e dedicación e entrega para que o Belén estea permanentemente vivo e aberto a todos.

E co título de Socio de Honra, lembrarase a José Antonio Abelleira, “O alemán” (así chamado por ter sido emigrante en Alemania), falecido en 2011, que durante moitos anos se encargou da parte eléctrica e electrónica da infraestructura do Belén begontino. A título póstumo, a súa familia recibirá este nomeamento.

Son estes os primeiros Socios de Honra que o Belén de Begonte nomea desde o ano 2001.

 

Otras noticias

  • Superados os 40.000 visitantes ao Belén de Begonte, e 35.000 visitas virtuais Xaneiro 27, 23

    O Belén de Begonte, sen contar a última semana...

  • Clausura do Cincuentenario do Belén de Begonte e entrega de premios dos Certames culturais e títulos de Socios de Honra Xaneiro 26, 23

    O próximo sábado, 28 de xaneiro, ás cinco da...

  • SANTIAGO RODRÍGUEZ e E PEPE POL Premios de Xornalismo en Begonte Xaneiro 23, 23

    Santiago Rodríguez López, biólogo lucense, profesor da...

  • "O BELÉN QUE NAMOROU BEGONTE”, de Antonio Calvo Varela, Premio nacional de Poesía sobre o Nadal Xaneiro 18, 23

    Ven de reunirse o Xurado do XLVII CERTAME NACIONAL DE POESÍA SOBRE...

  • Fallo do XLVII Certame de debuxo infantil sobre "O Nadal" Xaneiro 12, 23

    O 10 de xaneiro do 2023, reúnese o Xurado do XLVII CERTAME DE...

  • 35.000 visitas ao Belén de Begonte e 32.155 á web www. belendebegonte.es Xaneiro 09, 23

    A día de hoxe, 9 de xaneiro, o Belén de Begonte...

  • Manuel Carballeira, Premio do Certame galego de Arte Xaneiro 04, 23

    O pintor Manuel Carballeira Rivas, oriundo de Cospeito e residente...

  • Expostos na Biblioteca provincial os cadros presentados ao Certame “José Domínguez Guizán” de Begonte Xaneiro 02, 23

    Na Biblioteca Provincial de Lugo están expostos os cadros...

  • No Belén de Begonte superáronse este mércores, 28 de decembro, as 20.000 visitas Decembro 29, 22

    Nos primeiros vintesete días de “O Nadal en...

  • O 25 de decembro, o programa POLO CAMIÑO DA FE, da TVG, desde o Belén de Begonte Decembro 24, 22

    Mañá, domingo, o programa POLO CAMIÑO DA FE, da TVG estará...

< >

Belén de Begonte
Avda. de Galicia, s/n – Begonte – 27373 – LUGO – ESPAÑA / info@belendebegonte.es
Teléfono: +34 610 907 306
GaliciaDigital 2017-2022