• Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto
Menú
  • Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto

Presentada en Lugo a 50ª edición do Belén de Begonte

11/25/2021

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación da 50ª edición do Belén de Begonte, que abrirá as súas portas entre o 4 de decembro e o 29 de xaneiro de 2022. A cita, declarada de interese turístico galego, recupera así a presencialidade despois de celebrar o ano pasado unha edición virtual por mor das restricións impostas a causa da pandemia. Porén, tamén poderá ser visitado a través da súa web, que recolle a historia e outra información de interese sobre o proxecto. A versión virtual do Nacemento estará dispoñible en galego, castelán e inglés.

Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o teniente de alcalde de Begonte, Luís Luaña; e Xulio Xiz, en representación da entidade organizadora, o Centro Cultural Xosé Domínguez Guizán.

O encargado de ler o pregón o 4 de decembro na igrexa parroquial de Begonte (18.00 horas) será o bispo de Mondoñedo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos. A continuación actuará o Orfeón Lucense e a Banda Sons e Soños, da asociación Músico Crisanto.

Exposicións e certames culturais completan a programación de actos. Así, convócase o certame galego de arte José Domínguez Guizán, así como o concurso de poesía sobre o Nadal; o certame xornalístico Begonte e o Nadal e o de debuxo infantil, ao que poden concorrer a través dos seus colexios os nenos e nenas de ata 15 anos -en dúas categorías, unha ata 10 anos e outra de 11 a 15-. Hoxe foi presentada unha publicación que recolle os traballos de xornalismo e poesía premiados na pasada edición.

Paralelamente, segue en marcha a mostra 50 Anos do Belén de Begonte, proxectada polo colectivo Egeria e o centro cultural José Domínguez Guizán con apoio do Goberno galego e do Concello de Begonte. Parte do contido percorre de xeito itinerante máis de 30 concellos do Camiño de Santiago; mentres que varios paneis permanecen expostos na Delegación Territorial do Goberno autonómico na ronda da Muralla, a biblioteca pública da Xunta en Lugo, a catedral de Mondoñedo e a casa da cultura de Begonte. Tamén nas instalacións da SA Xacobeo e no pazo de San Roque, en Santiago de Compostela.

Otras noticias

  • Superados os 40.000 visitantes ao Belén de Begonte, e 35.000 visitas virtuais Xaneiro 27, 23

    O Belén de Begonte, sen contar a última semana...

  • Clausura do Cincuentenario do Belén de Begonte e entrega de premios dos Certames culturais e títulos de Socios de Honra Xaneiro 26, 23

    O próximo sábado, 28 de xaneiro, ás cinco da...

  • SANTIAGO RODRÍGUEZ e E PEPE POL Premios de Xornalismo en Begonte Xaneiro 23, 23

    Santiago Rodríguez López, biólogo lucense, profesor da...

  • "O BELÉN QUE NAMOROU BEGONTE”, de Antonio Calvo Varela, Premio nacional de Poesía sobre o Nadal Xaneiro 18, 23

    Ven de reunirse o Xurado do XLVII CERTAME NACIONAL DE POESÍA SOBRE...

  • Fallo do XLVII Certame de debuxo infantil sobre "O Nadal" Xaneiro 12, 23

    O 10 de xaneiro do 2023, reúnese o Xurado do XLVII CERTAME DE...

  • 35.000 visitas ao Belén de Begonte e 32.155 á web www. belendebegonte.es Xaneiro 09, 23

    A día de hoxe, 9 de xaneiro, o Belén de Begonte...

  • Manuel Carballeira, Premio do Certame galego de Arte Xaneiro 04, 23

    O pintor Manuel Carballeira Rivas, oriundo de Cospeito e residente...

  • Expostos na Biblioteca provincial os cadros presentados ao Certame “José Domínguez Guizán” de Begonte Xaneiro 02, 23

    Na Biblioteca Provincial de Lugo están expostos os cadros...

  • No Belén de Begonte superáronse este mércores, 28 de decembro, as 20.000 visitas Decembro 29, 22

    Nos primeiros vintesete días de “O Nadal en...

  • O 25 de decembro, o programa POLO CAMIÑO DA FE, da TVG, desde o Belén de Begonte Decembro 24, 22

    Mañá, domingo, o programa POLO CAMIÑO DA FE, da TVG estará...

< >

Belén de Begonte
Avda. de Galicia, s/n – Begonte – 27373 – LUGO – ESPAÑA / info@belendebegonte.es
Teléfono: +34 610 907 306
GaliciaDigital 2017-2022