Xosé Manuel Carballo Ferreiro

Xosé Manuel Carballo Ferreiro naceu en Goberno (Castro de Rei da Terrachá), o ano 1944. Finou o 28 de outubro de 2017.

Foi crego, e exerceu o seu ministerio en varias parroquias de Castro de Rei, entrelas a capital do Concello. Foi formador do Seminario de Mondoñedo. Humorista e prestidixitador, por riba de todo foi un home da Igrexa e da Cultura; animador cultural e auténtico vivificador social.

Ten publicado teatro (O menciñeiro á forza, Recobrou o sorrio o Eleuteiro, ¿Bo Nadal?), narración (Parábolas chairegas, Don Otto de viaxe pola Chaira, Contrato nulo), e comentarios de prensa, feito programas de Radio e dirixido o programa “Hai que celebralo” en Televisión Lugo.

Ten acadado premios de xornalismo en Sarria e Vilalba; de investigación historica en Bazar (Castro de Rei) e, en dúas ocasións, o Premio de Novela do Concello de Vilalba.

En Begonte ten acadado en varias ocasións o primeiro premio do Certame de Xornalismo sobre O Nadal.