Pasamento do Presidente de Honra do Belén de Begonte
11/08/2026
Desde o Belén de Begonte temos a dor de comunicar publicamente o pasamento do noso Presidente de honra, JESÚS DOMÍNGUEZ GUIZÁN, aos 93 anos.
Durante case 40 anos foi o Presidente e impulsor do noso Belén. Se o fundador, JOSÉ DOMINGUEZ GUIZÁN, crego de Begonte, fixo nacer o Belén no Nadal de 1972, e impulsouno ata 1986, ano do seu pasamento, seu irmán JESÚS, crego, como el párroco de Begonte desde entón, recolleu a iniciativa, fíxoa medrar, e situouna no recoñecido lugar a onde chegou, especiamente desde que a Xunta de Galicia o declarou De Interese Turístico Galego o ano 2014.
Cando as forzas non lle permitiron seguir á fronte das súas obrigas parroquiais e do Belén, deixou este nas mans da Asociación que leva o nome do seu irmán José -CENTRO CULTURAL JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN-, nomeándoo esta Presidente de Honra polo recoñecemento ao seu destacado labor durante tantos anos.
Que a terra lle sexa leve, e goce da gloria de Deus, ao que tan firmemente servíu durante toda a súa vida.
A capela ardente abrirase na igrexa parroquial de Begonte mañá, luns, ás 9:30 da mañá. Ás 20:00 h. do luns, na igrexa parroquial de Begonte, Velatorio. O martes, ás catro da tarde, funeral na igrexa parroquial e, a continuación, enterro.
Na Prensa
Pasamento de Jesús Domínguez Guizán (GaliciaDigital, 09/11/2026)
El legado de los Domínguez Guizán: el Belén de Begonte, por Luis Latorre (10/11/2026)
Esquela Don Jesús Domínguez Guizán (El Progreso, 09/11/2026)
El Belén de Begonte despide a Jesús Domínguez Guizán a sus 93 años (Aquí Diario, 09/11/2026)