Do Belén ao mundo: Os nenos do Colexio de Begonte serán Guías no Belén
11/17/2026
Nenos e nenas de 5º e 6º de primaria, do Ceip Virxe do Corpiño de Begonte, acompañados polos seus mestres, serán acompañantes e guías dos grupos de Centros educativos que visiten o Belén de Begonte neste Nadal, dentro do proxecto “ENREDANDO POR BEGONTE”.
É unha iniciativa da dirección e profesorado do Ceip de Begonte que, en colaboración co Belén, emprenden unha acción que abranguerá Galicia e o norte de Portugal, para poñer en valor este especial recurso da comarca e establecer relación cos numerosos colexios que habitualmente visitan o Belén electrónico de Begonte.
A explicación será tanto diante do Belén, como a través de códigos QR que enlazarán coas audioguías que están preparando, de xeito que os rapaces begonteses convertiranse nos guías máis profesionais e cercanos para explicarlles aos visitantes este Belén que seus avós coñeceron de mozos, e seus pais visitan desde que naceron.