• Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto
Menú
  • Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto

As 31 figuras da Colección Edelmiro Ulloa doadas ao Belén de Begonte

11/19/2024

A colección de figuras do Belén do sacerdote Edelmiro Ulloa (1933-2021), vén de ser doada ao Belén de Begonte polo sobriño deste, o profesor e escritor Xosé Carlos Ulloa.

Edelmiro Ulloa, nomeado en 1980 Capelán do Hospital Xeral de Lugo, foi un sacerdote moi querido na sanidade e na sociedade lucense, desenvolvendo moi importante labor na institución sanitaria, creando a Coral do Hospital e o Grupo de Teatro “Lucho”. Polo Nadal, sempre montaba un Belén, para o que foi adquirindo numerosas figuras artesanais.

Un total de 31 figuras foron entregadas por Xosé Carlos Ulloa ao Belén de Begonte, destacando entre elas 9 casas, 2 pallozas, 2 hórreos asturianos, 2 carros con vacas e un tirado por cabalo, 1 cortador de leña, 1 ferreiro, 1 igrexa, 1 arado tirado por vacas, 1 roda de afiar e unha máquina de mallar con motor e limpadora.

Varias destas figuras van ser incorporadas este ano, tanto ao Belén de Begonte na súa LIII ediciónn como ao Museo do Belén, destacando a figura móbil da máquina de mallar que contrastará coa escenificación do traballo co “malle” tradicional.

O Centro Cultural José Domínguez Guizán, impulsor do Belén de Begonte, agradece publicamente a Xosé Carlos Ulloa a doazón desta artística herdanza de Edelmiro Ulloa, que constitúe unha importante aportación ao noso Belén.

 

Otras noticias

  • Exposicion en Begonte dos cadros presentados ao Certame Galego de Arte Xaneiro 21, 26

    Na casa da Cultura de Begonte está aberta a exposición dos cadros...

  • L CERTAME DE XORNALISMO SOBRE O NADAL Xaneiro 21, 26

    Reunido o Xurado do L CERTAME DE XORNALISMO...

  • L CERTAME NACIONAL DE POESÍA SOBRE O NADAL Xaneiro 20, 26

    Reunido o Xurado do L CERTAME NACIONAL DE...

  • Convocatoria de Asemblea Xeral de Socios do Centro Cultural José Domínguez Guizán Xaneiro 14, 26

    De conformidade co disposto nos Estatutos polos...

  • II CERTAME AUDIOVISUAL SOBRE O NADAL do Belén de Begonte Xaneiro 14, 26

    Xa hai gañadores do II CERTAME AUDIOVISUAL...

  • Fallo do Xurado do L CERTAME DE DEBUXO INFANTIL SOBRE O NADAL Xaneiro 13, 26

    En Begonte, a 5 de xaneiro de 2026, reúnense os...

  • Cantar de Reises no Belén de Begonte Xaneiro 05, 26

    Días pasados, no Belén de Begonte, Toño Nuñez e Xose Manuel do...

  • HIPÓLITO XEADA, de Alfoz, gañador do XXXVI CERTAME GALEGO DE ARTE DO BELÉN DE BEGONTE Decembro 30, 25

    Mencións de honra para MANUEL CARBALLEIRA...

  • Hoxe, 6 colectivos visitaron o Belén de Begonte Decembro 18, 25

    Este xoves, seis colectivos visitaron o Belén...

  • Inaugurado o Belén de Begonte Decembro 01, 25

    O venres 29 de novembro de 2025, abriu as portas o Belén de...

< >

Belén de Begonte
Avda. de Galicia, s/n – Begonte – 27373 – LUGO – ESPAÑA / info@belendebegonte.es
Teléfono: +34 610 907 306
GaliciaDigital 2017-2024