Accións e actividades do Belén de Begonte. O Nadal en Begonte 2025
11/18/2025
Publicacións
O Certame nacional de Poesía sobre o Nadal que anualmente convoca o Belén de Begonte acada a 50ª edición. Con este motivo verán a luz cadansúa Antoloxía de Poesía sobre o Nadal en castelán e galego:
- MEDIO SIGLO DE POESÍA EN CASTELLANO SOBRE LA NAVIDAD. Xunta de Galicia (Turismo)
- MEDIO SÉCULO DE POESÍA EN GALEGO SOBRE O NADAL. Xunta de Galicia (Cultura).
Publicaranse, así mesmo:
- Calendarios agasallo para os visitantes.
- Programa de actividades.
- Libro O NADAL EN BEGONTE, 2024-2025, a toda cor, con todos os traballos premiados nos Certames do Belén.
- Unidade Didáctica (galego e castelán) para educación infantil e primaria, “Explorando o Belén de Begonte: Tradición e creatividade”, confeccionada polo Profesorado do Ceip Virxe do Corpiño de Begonte.
- Folleto informativo en seis idiomas (castelán, galego, portugués, vasco, catalán e inglés) para difundir a nivel de España e Europa o Belén de Begonte.
Actividades especiais
1.- Cursiño de formación audiovisual
para 12 alumnos do Ceip de Begonte
Impartido pola especialista audiovisua Begoña Pérez, hase celebrar nas instalacións do Colexio e no Belén nas mañás dos días 14, 21 e 28 de novembro, de 12,15 a 14,15 h.
2.- Novo Mural de Diego As no frontispicio do edificio do Belén
Para nós, e para moitos, o mellor muralista do mundo, Diego As, chama co seu mural cara ao Belén, á beira da N.VI.
E agora, un novo mural no frontispicio do edificio do Belén, sinala o punto de referencia e de destino: o Belén de Begonte; a vosa casa.
3.- 3 novas figuras para o Belén e o Museo
2 novas figuras se incorporan ao Belén na presente edición. Unha delas, é a reproducción da Casa-Museo de Victor Corral, de Baamonde, para poñer de manifesto este singular elemento cultural e social, reproducido en corcho para o Belén polo artista lucense Domíngo López, “Chomin”. A outra unha singular noria, confeccionada polo escultor Ricardo Segundo López Méndez, membro do colectivo “Vivir para bien morir”, que xa anteriormente agasallou ao Belén cunha figura confeccionada pola súa nai, artesana belenista.
E para o Museo do Belén, Ero Vázquez Cabrera, do colectivo Trécola, confeccionou o conxunto de autómatas “O Belén dentro do Belén”, en homenaxe ao creador do Belén, José Rodríguez Varela, e aos sacerdotes Jose e Jesús Domìnguez Guizán
04.- Novo Premio “Novos Valores” no Certame Galego de Arte “José Domínguez Guizán”.
O Certame Galego de Arte “José Domínguez Guizán” conta cun novo premio: NOVOS VALORES. Premiará a mellor obra de autor de ata 18 anos. Colabora a Galería de arte NOVA RÚA, de Lugo, que organizará para o gañador a súa primeira exposición individual.
5.- Lotería do Belén con debuxo de Sofía Abuín
O Belén, como é tradicional, venderá participacións da LOTERÍA DO NENO, nos numeros 30.739 e 40.394. Por primeira vez, as participacións difundirán un dos primeiros premios do Certame de Debuxo Infantil do Belén, obra da alumna do Ceip de Begonte Sofía Abuín Méndez.
6.- Xardín do Belén
Xunto ao Ceip de Begonte, e diante da Escola infantil, está instalado o Xardín do Belén, para obter del os enfeites do Belén, con vexetais autóctonos e sen afectar ao medio ambiente. Froito da colaboración do Concello, Ceip de Begonte e Belén, é unha idea do seu Director, o catedrático emérito da Escola Politécnica Superior de Lugo, Antonio Rigueiro Rodríguez.
Difusión
Television Galicia vai emitir un centenar de spots do Belén de Begonte os días 2,3,4,5,10,11,12 e 13 do próximo mes de decembro. Ao igual que no pasado exercizo, está campaña está financiada conxuntamente polo Concello de Begonte e o Belén.
Museo do Belén
O 29 de novembro inauguraremos as obras realizadas no Belén, merecendo ser destacadas:
- Renovación da fachada do edificio, retirando cales, restaurando pedra, renovando fiestras…
- Novo mural de Diego As no frontispicio do edificio do Belén
- Renovación dos servizos hixiénicos con diversos elementos
- Novas portas exterior e interiores. Novas fiestras.
- Construción de rampla e barandillas.
- Pintado do Museo e instalacións
- Renovacion e decoración do Museo do Belén
- Colocación de pantalla informativa