• Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto
Menú
  • Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto

A casa Museo de Victor Corral, no Belén de Begonte

03/26/2025

A próxima edición do Belén de Begonte incluirá unha reproducción da Casa-Museo de Victor Corral, de Baamonde, un dos elementos emblemáticos da Cultura do Concello de Begonte.

A Casa-Museo, situada no alto do pobo de Baamonde, alberga no seu interior unha ampla mostra da obra deste escultor, Fillo Predilecto do Concello de Bergonte, en tanto no seu exterior presenta importantes mostras en pedra de singulares traballos deste artista begontés.

Unha reproducción desta Casa-Museo, feita polo artista lucense Txomin (Domingo López Rodríguez) incorporarase á xeografía do Belén, como un elemento simbólico do concello e unión entre as dúas manifestacións culturais de Begonte.

Domingo López Rodríguez, profesional das artes gráficas, tanto na empresa privada como na Imprenta da Deputación Provincial de Lugo, despois da súa xubilación, comezou a traballar en reproduccións de edificios singulares, utilizando o corcho. Con paciencia infinita ten reproducido numerosos monumentos da provincia de Lugo, comezando pola Catedral, as igrexas do Camiño de Santiago, o Concello de Lugo ou o Círculo das Artes.

Na actualidade, está rematando a reproducción da Casa-Museo de Víctor Corral, en singular colaboración co Belén, e para unha permanente homenaxe neste ao artista de Baamonde.

Na fotografía, Txomin, traballando na reproducción da Casa-Museo.

Otras noticias

  • Exposicion en Begonte dos cadros presentados ao Certame Galego de Arte Xaneiro 21, 26

    Na casa da Cultura de Begonte está aberta a exposición dos cadros...

  • L CERTAME DE XORNALISMO SOBRE O NADAL Xaneiro 21, 26

    Reunido o Xurado do L CERTAME DE XORNALISMO...

  • L CERTAME NACIONAL DE POESÍA SOBRE O NADAL Xaneiro 20, 26

    Reunido o Xurado do L CERTAME NACIONAL DE...

  • Convocatoria de Asemblea Xeral de Socios do Centro Cultural José Domínguez Guizán Xaneiro 14, 26

    De conformidade co disposto nos Estatutos polos...

  • II CERTAME AUDIOVISUAL SOBRE O NADAL do Belén de Begonte Xaneiro 14, 26

    Xa hai gañadores do II CERTAME AUDIOVISUAL...

  • Fallo do Xurado do L CERTAME DE DEBUXO INFANTIL SOBRE O NADAL Xaneiro 13, 26

    En Begonte, a 5 de xaneiro de 2026, reúnense os...

  • Cantar de Reises no Belén de Begonte Xaneiro 05, 26

    Días pasados, no Belén de Begonte, Toño Nuñez e Xose Manuel do...

  • HIPÓLITO XEADA, de Alfoz, gañador do XXXVI CERTAME GALEGO DE ARTE DO BELÉN DE BEGONTE Decembro 30, 25

    Mencións de honra para MANUEL CARBALLEIRA...

  • Hoxe, 6 colectivos visitaron o Belén de Begonte Decembro 18, 25

    Este xoves, seis colectivos visitaron o Belén...

  • Inaugurado o Belén de Begonte Decembro 01, 25

    O venres 29 de novembro de 2025, abriu as portas o Belén de...

< >

Belén de Begonte
Avda. de Galicia, s/n – Begonte – 27373 – LUGO – ESPAÑA / info@belendebegonte.es
Teléfono: +34 610 907 306
GaliciaDigital 2017-2024