• Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto
Menú
  • Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto

Clausura de O NADAL EN BEGONTE

01/29/2018

O sábado 27 de xaneiro, ás cinco da tarde, no salón de actos do centro cultural de Begonte, foi clausurada a tempada O NADAL EN BEGONTE. Actuou o coro da Asociación MUSICO CRISANTO, das escolas de música dos Concellos de RABADE-BEGONTE-OUTEIRO de Rei, dirixido por Esperanza Iglesias, e foron entregados os premios dos Certames convocados polo centro cultural impulsor do Belén de Begonte. Entregáronse os seguintes premios:

Certame galego de arte JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN

Na sala de arte da Xunta de Galicia en Lugo (edificio administrativo, reúnese o xurado do XXVIII CERTAME GALEGO DE ARTE “JOSÉ DOMINGUEZ GUIZÁN”, convocado polo Centro cultural do mesmo nome, de Begonte, formado por AURELIA BALSEIRO GARCÍA, Directora do Museo Provincial de Lugo; GONZALO SÁNCHEZ FOLGUEIRA (ZALO), pintor; MANUEL GULIN RODRÍGUEZ (pintor), e XULIO GIZ RAMIL, en representación do Centro convocante, como secretario sen voz nin voto.

Por unanimidade, acordan emitir o seguinte fallo:

Conceder o PREMIO JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN, dotado con 1.500€ e estatuíña de Sargadelos, a FERNANDO VILLALBA, de Lugo, pola obra “El bosque”.

Certame xornalístico “Begonte e o Nadal”

O Xurado cualificador dos traballos presentados ao XLII CERTAME XORNALÍSTICO “BEGONTE E O NADAL”, formado por JOSÉ ULLA ROCHA, Alcalde de Begonte; JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN, Presidente do Centro cultural covocante; BLANCA PACÍN SOMOZA, Bibliotecaria; XULIO XIZ RAMIL, xornalista e JOSÉ RODRÍGUEZ GÓMEZ, secretario do Centro cultural José Domínguez Guizán, acordou conceder os seguintes premios:

PREMIO DE XORNALISMO, dotado con 600€ e estatuíña de Sargadelos, para o traballo titulado  “VOLVER A NACER. LA SOMBRA DEL FACEDOR”, publicado en Galicia Digital por Pablo Núñez González.

SEGUNDO PREMIO, dotado con 300€ e estatuíña de Sagadelos, ao traballo titulado “BEGONTE, O NOSO GRECCIO”, publicado en El Progreso, por Maria Pilar Campo Domínguez-Marica Campo.

Pola calidade dos traballos, acórdase conceder cadansúa Mención de Honra, dotada con estatuíña de Sargadelos, aos traballos:

“CONTO DE NADAL: A DERRADEIRA VIAXE”, publicado en Galicia Digital por Xosé Román Escourido Basanta.

“EL BELÉN DE GRECCIO. LA TRADICIÓN DEL NACIMIENTO”, publicado en Galicia Digital por Begontina, seudónimo de Beatriz Valcárcel Gómez. E

“A LECCIÓN DO BELÉN DE BEGONTE”, publicado en Galicia Digital por JOSÉ REINALDO POL-Pepe Pol.

XLII CERTAME NACIONAL DE POESÍA SOBRE O NADAL DE BEGONTE

En Begonte, reúnese o Xurado calificador dos traballos presentados ao XLII CERTAME NACIONAL DE POESÍA SOBRE O NADAL, convocado polo Centro Cultural “José Domínguez Guizán”, e patrocinado por Abanca, formado por: JESÚS DOMÍNGUEZ GUIZÁN, Presidente do Centro cultural convocante; XAVIER RODRÍGUEZ BARRIO, poeta e XULIO XIZ RAMIL, xornalista, que actúa como secretario. Por unanimidade, acordan emitir o seguinte fallo:

1.- Conceder o PREMIO BEGONTE DE POESÍA, dotado cn 600€ e estatuíña de Sargadelos, ao poema XESUS E O MALABARISTA, presentado por XOSÉ OTERO CANTO de Lugo.

2º premio, dotado con 300€ e estatuiña de Sargadelos a CANTIGA DE VIAXEIROS, presentado co lema GEISHA, por LAURA LÓPEZ  ESTÉBAN, de Lugo.

Pola calidade dos traballos presentados, concédese cadansúa MENCIÓN DE HONRA dotada con cadansúa estatuíña de Sargadelos  aos poemas:

NADAL DE AGORA E SEMPRE, de BALDOMERO IGLESIAS DOBARRIO (Mero), de Xanceda-A Coruña.

PANXOLIÑAS Ó BELÉN DE BEGONTE, presentado co lema “Nadal 2017” por MARÍA FELICIDAD ROCA COIRA, de Trobo-Begonte.

VIVA LA NAVIDAD, presentado co lema “Paz y amor” por LÁZARO DOMÍNGUEZ GALLEGO, de Ferrol.

XLII Certame de DEBUXO INFANTIL do Belén de Begonte
       
Ven de reunirse o Xurado do XLII CERTAME DE DEBUXO INFANTIL SOBRE O NADAL, convocado polo Centro cultural JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN de Begonte co patrocinio da Caixa Rural Galega, formado por JESÚS DOMÍNGUEZ GUIZÁN (Presidente do Centro Cultural), MANUEL GULÍN RODRÍGUEZ (pintor) e  XULIO XIZ (Vicepresidente do Centro), acordando por unanimidade conceder os seguintes premios:

Categoría A (Ata 10 anos)

Primeiros premios

RAMIRO PARGA PIÑEIRO. 9 anos. Ceip Virxe do Corpiño-Begonte

DANIELA YÁÑEZ LORENZO. 9 anos. Colexio Juan Rey-Lourenzá

SILVIA OTERO CORRAL. 8 anos. Ceip de Baamonde

Segundos premios:

CARLA SOUTO GUTIÉRREZ. 10 anos. Ceip Mato Vizoso –Vilalba

PABLO CASTAÑO LÓPEZ. 10 años.Colexio La Milagrosa-Lugo

JIMENA FDEZ.-REINANTE PEREZ. 9 anos. Ceip S. Miguel de Reinante

UXÍA MARTÍNEZ GONZÁLEZ. 5 anos. Ceip Insua Bermudez-Vilalba

DANIELA FREIXO FORÉS.  7 anos. Ceip Foz número 1

Categoría B (11 a 15 anos)

Primeiros premios:

ELIAN GARCÍA GONZÁLEZ. 11 anos. – Colexio O Cantel (Foz)

MARÍA JANEIRO FERNÁNDEZ. Ies Vilar Ponte (Viveiro)

ALEX LÓPEZ RAMIL. 11 anos. Ceip Virxe do Corpiño- Begonte

Segundos premios:

EMMA REGO EIROA. 14 anos. Ies Vilar Ponte – Viveiro

MARÍA GARCÍA-ANLLO SECO. 11 anos.Ceip Insua Bermúdez-Vilalba

LUCÍA CASTAÑO LÓPEZ. 11 anos. Colexio La Milagrosa-Lugo

ANTÍA MIRAGAYA VÁZQUEZ. 11 anos. Colexio La Milagrosa-Lugo

ERIKA GONZÁLEZ SOLA. 11 anos. Ceip Virxe do Corpiño-Begonte

Participaron no certame un total de 157 traballos, dos que 104 corresponden á Categoría A, e 53 ás da Categoría B. Os primeiros premios están dotados con 60€ e estatuíña de Sargadelos, e os segundos con 30€ e estatuíña.

 

Otras noticias

  • Superados os 40.000 visitantes ao Belén de Begonte, e 35.000 visitas virtuais Xaneiro 27, 23

    O Belén de Begonte, sen contar a última semana...

  • Clausura do Cincuentenario do Belén de Begonte e entrega de premios dos Certames culturais e títulos de Socios de Honra Xaneiro 26, 23

    O próximo sábado, 28 de xaneiro, ás cinco da...

  • SANTIAGO RODRÍGUEZ e E PEPE POL Premios de Xornalismo en Begonte Xaneiro 23, 23

    Santiago Rodríguez López, biólogo lucense, profesor da...

  • "O BELÉN QUE NAMOROU BEGONTE”, de Antonio Calvo Varela, Premio nacional de Poesía sobre o Nadal Xaneiro 18, 23

    Ven de reunirse o Xurado do XLVII CERTAME NACIONAL DE POESÍA SOBRE...

  • Fallo do XLVII Certame de debuxo infantil sobre "O Nadal" Xaneiro 12, 23

    O 10 de xaneiro do 2023, reúnese o Xurado do XLVII CERTAME DE...

  • 35.000 visitas ao Belén de Begonte e 32.155 á web www. belendebegonte.es Xaneiro 09, 23

    A día de hoxe, 9 de xaneiro, o Belén de Begonte...

  • Manuel Carballeira, Premio do Certame galego de Arte Xaneiro 04, 23

    O pintor Manuel Carballeira Rivas, oriundo de Cospeito e residente...

  • Expostos na Biblioteca provincial os cadros presentados ao Certame “José Domínguez Guizán” de Begonte Xaneiro 02, 23

    Na Biblioteca Provincial de Lugo están expostos os cadros...

  • No Belén de Begonte superáronse este mércores, 28 de decembro, as 20.000 visitas Decembro 29, 22

    Nos primeiros vintesete días de “O Nadal en...

  • O 25 de decembro, o programa POLO CAMIÑO DA FE, da TVG, desde o Belén de Begonte Decembro 24, 22

    Mañá, domingo, o programa POLO CAMIÑO DA FE, da TVG estará...

< >

Belén de Begonte
Avda. de Galicia, s/n – Begonte – 27373 – LUGO – ESPAÑA / info@belendebegonte.es
Teléfono: +34 610 907 306
GaliciaDigital 2017-2022