Exposicion en Begonte dos cadros presentados ao Certame Galego de Arte
01/21/2026
Na casa da Cultura de Begonte está aberta a exposición dos cadros presentados ao XXXVI Certame Galego de Arte “José Domínguez Guizán”, convocado polo centro do mesmo nome, impulsor do Belén de Begonte.
A exposición permaneceu na Sala de arte da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, desde finais do pasado mes de decembro, pasando agora á Casa de Cultura de Begonte, ata o 30 do presente mes.
Os premios dos certames convocados por este Centro cultural, con motivo de “O Nadal en Begonte”, serán entregados o proximo 31 de xaneiro, sábado, nun acto que se celebrará no Salón de actos do Belén.