• Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto
Menú
  • Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto

Convocada a XXXV edición do Certame de Arte, no que 17 artistas (11 homes e 6 mulleres) gañaron nos últimos 25 anos

12/16/2024

17 artistas (11 homes e 6 mulleres) gañaron o primeiro premio do Certame de Arte do Belén de Begonte nos últimos 25 anos.

Manuel Carballeira, gañouno en catro ocasións (2008, 2016, 2020 e 2022). Catro lucenses acadárono en dúas ocasións: Alfredo Seixas (2001 e 2006), Fernando Villalba (2014 e 2017), Iago Eireos (2007 e 2011) e José Manuel Peña Romay (2013 e 2023).

As seis pintoras que conseguiron o premio foron Montse Prieto (1999), Fabiola Mecías (2003), Sabela Arias (2005), Fernanda Fernández (2009), Noa Persán (2012) e Adolfina Mesa (2019).

Nunha ocasión foi gañado por: Fernando Yáñez González (2000), Hipólito Xeada (2004), Luis Valentín Fdez. Vila (2010), Eduardo Pérez Baamonde (2015), Miguel Ángel Carreira (2018) e Oscar Cabana Picado (2021). Luis Valentín Fernández Vila xa fora o gañador en 1990 da I edición do Certame “José Domínguez Guizán. En 2002, o premio quedou deserto.

Convocada a XXXV edición do Certame

O Centro cultural José Domínguez Guizán ven de convocar a XXXV edición deste Certame, dotada con 2.000 € e trofeo, que será adxudicado á obra pictórica que resulte seleccionada polo xurado cualificador.

Poderan participar pintores nados ou residentes en Galicia, cun máximo de dúas obras de tamaño de ata 1,5 X 1 m., que serán remitidas ao Centro cultural  convocante, na sede do Belén: Quitimil, 2, 23.373, Begonte.

O prazo de presentación rematará ás 12,00 h. do 25 de decembro de 2024, e as obras seleccionadas serán expostas na Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo a partir do 27 de decembro e, con posterioridade na Casa da Cultura de Begonte.

 

Otras noticias

  • Hoxe, 6 colectivos visitaron o Belén de Begonte Decembro 18, 25

    Este xoves, seis colectivos visitaron o Belén...

  • Inaugurado o Belén de Begonte Decembro 01, 25

    O venres 29 de novembro de 2025, abriu as portas o Belén de...

  • Accións e actividades do Belén de Begonte. O Nadal en Begonte 2025 Novembro 18, 25

    Publicacións

    ...

  • Cursiño de vídeo para 12 alumnos do CEIP de Begonte Novembro 13, 25

    Mañá, venres, comeza un cursiño de vídeo no que participarán unha...

  • El Ceip Virxe do Corpiño diseña una unidad didáctica sobre el belén de Begonte Outubro 17, 25

    El Ceip Virxe do Corpiño de Begonte y el centro...

  • Presentadas tres novas figuras do Belén de Begonte na Semana de Cine de Lugo Setembro 23, 25

    Hoxe, martes, ás 16,00 horas, na Delegación...

  • El papa Francisco mostró su interés por el belén electrónico de Begonte: "¡Qué bonito!" Abril 23, 25

    El papa Francisco mostró su interés por el belén electrónico de...

  • Comezan as plantacións de árbores do Xardín do Belén de Begonte Abril 11, 25

    O Concello de Begonte comezou as plantacións de...

  • A casa Museo de Victor Corral, no Belén de Begonte Marzo 26, 25

    A próxima edición do Belén de Begonte incluirá...

  • Tres entidades únense para crear o Xardín do Belén en Begonte Marzo 20, 25

    O centro cultural José Domínguez Guizán, o...

< >

Belén de Begonte
Avda. de Galicia, s/n – Begonte – 27373 – LUGO – ESPAÑA / info@belendebegonte.es
Teléfono: +34 610 907 306
GaliciaDigital 2017-2024