• Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto
Menú
  • Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto

O próximo sábado comeza en Begonte o Nadal

11/27/2023

O próximo sábado comeza en Begonte o Nadal, coa LII edición do Belén de Begonte, que rematará o último sábado de xaneiro. Acompañamos información presentada hoxe, coas catro novidades deste ano:

Nova figura

Este ano, o Belén de Begonte vai incorporar a figura de un POBRE DE PEDIR,  confeccionada por María Méndez Rodríguez (xa falecida),  que vivíu en Carlos Azcárraga, 48 (hoxe Adolfo Suárez). Esta lucense confeccionou numerosas figuras para o seu belén artesano, que montou desde 1973 ata 1991, cando cumpríu 75 anos, obtendo diversos premios nos concursos lucenses de belenismo. Aporta esta figura o profesor de lingua española e escultor Ricardo Segundo López, fillo da artesá, que se incorporará ao equipo do Belén para a confección de pezas novas.
 
2 novos socios de honra

Nesta edición vanse sumar dous novos Socios de Honra aos amigos destacados do Belén:

JOSÉ MANUEL ZAS, Director Técnico de Erinsa, empresa instalada no Concello de Begonte, polo seu continuo apoio e axuda ao Belén e as súas actividades.

MANUEL GULÍN RODRÍGUEZ, a título póstumo. Falecido o pasado setembro, Gulín, grande amigo do Belén foi, como pintor e especialista en arte, durante os últimos trinta anos, xurado do Certame galego de Arte “José Domínguez Guizán”, e do Certame de Debuxo infantil sobre o Nadal. Tamén, na súa lembranza, a actual edición do Certame Galego de Arte celébrase ”In memoriam Manuel Gulín Rodríguez”.

Alba de Gloria do Belén de Begonte

Do xeito que Castelao soñou hai 75 anos unha Alba de Gloria na que aparecían os galegos máis sobranceiros de todos os tempos, Siro, o xenial creador de imaxes con alma, debuxounos unha ALBA DE GLORIA DO BELÉN DE BEGONTE, con 25 persoas especialmente vencelladas co Belén, que queremos lembrar conxuntamente como representantes dos milleiros de amigos nosos, e a través deles poidamos ter presente o percorrido efectuado nestes 51 anos.

Nova Directiva

Entra o Belén nunha etapa de crecemento e impulsión, xestionándose nestes momentos a constitución dunha nova directiva – e campaña de captación de socios – para afrontar os próximos tempos con moi ambiciosos proxectos para o futuro.

Otras noticias

  • Exposicion en Begonte dos cadros presentados ao Certame Galego de Arte Xaneiro 21, 26

    Na casa da Cultura de Begonte está aberta a exposición dos cadros...

  • L CERTAME DE XORNALISMO SOBRE O NADAL Xaneiro 21, 26

    Reunido o Xurado do L CERTAME DE XORNALISMO...

  • L CERTAME NACIONAL DE POESÍA SOBRE O NADAL Xaneiro 20, 26

    Reunido o Xurado do L CERTAME NACIONAL DE...

  • Convocatoria de Asemblea Xeral de Socios do Centro Cultural José Domínguez Guizán Xaneiro 14, 26

    De conformidade co disposto nos Estatutos polos...

  • II CERTAME AUDIOVISUAL SOBRE O NADAL do Belén de Begonte Xaneiro 14, 26

    Xa hai gañadores do II CERTAME AUDIOVISUAL...

  • Fallo do Xurado do L CERTAME DE DEBUXO INFANTIL SOBRE O NADAL Xaneiro 13, 26

    En Begonte, a 5 de xaneiro de 2026, reúnense os...

  • Cantar de Reises no Belén de Begonte Xaneiro 05, 26

    Días pasados, no Belén de Begonte, Toño Nuñez e Xose Manuel do...

  • HIPÓLITO XEADA, de Alfoz, gañador do XXXVI CERTAME GALEGO DE ARTE DO BELÉN DE BEGONTE Decembro 30, 25

    Mencións de honra para MANUEL CARBALLEIRA...

  • Hoxe, 6 colectivos visitaron o Belén de Begonte Decembro 18, 25

    Este xoves, seis colectivos visitaron o Belén...

  • Inaugurado o Belén de Begonte Decembro 01, 25

    O venres 29 de novembro de 2025, abriu as portas o Belén de...

< >

Belén de Begonte
Avda. de Galicia, s/n – Begonte – 27373 – LUGO – ESPAÑA / info@belendebegonte.es
Teléfono: +34 610 907 306
GaliciaDigital 2017-2024