• Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto
Menú
  • Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto

Presentada a XLV edición do Belén de Begonte

11/29/2016

“Esta iniciativa”, explicou Balseiro esta mañá durante a presentación da XLV edición do nacemento, “converte a este belén no máis famoso da nosa provincia, que cada ano é visitado por milleiros de persoas”.

O belén de Begonte conta co recoñecemento de Festa de Interese Turístico de Galicia desde hai dous anos e figura xa entre as citas imprescindibles cada Nadal para moitas familias e visitantes, constituíndo, en consecuencia, “unha fonte de riqueza económica para o municipio”, segundo indicou o delegado. O pregoeiro deste ano será Luis Angel de las Heras, o novo bispo de Mondoñedo.

Dende o vindeiro sábado, 3 de decembro, o centro cultural José Domínguez Guizán de Begonte, abrirá as súas portas para mostrar ao público as pezas e o movemento dun dos nacementos electrónicos máis recoñecidos de Galicia. Ao redor deste evento cultural, medraron tamén outras iniciativas como son os certames de xornalismo, poesía, pintura e debuxo infantil, que xuntan a creadores procedentes de todos os puntos da xeografía galega.

Na presentación do belén participaron tamén Luis Luaña, tenente alcalde de Begonte; Pilar Gómez, viúva do creador; e Xesús Domínguez e Xulio Xiz, presidente e vicepresidente do centro cultural José Domínguez Guizán.

Otras noticias

  • Exposicion en Begonte dos cadros presentados ao Certame Galego de Arte Xaneiro 21, 26

    Na casa da Cultura de Begonte está aberta a exposición dos cadros...

  • L CERTAME DE XORNALISMO SOBRE O NADAL Xaneiro 21, 26

    Reunido o Xurado do L CERTAME DE XORNALISMO...

  • L CERTAME NACIONAL DE POESÍA SOBRE O NADAL Xaneiro 20, 26

    Reunido o Xurado do L CERTAME NACIONAL DE...

  • Convocatoria de Asemblea Xeral de Socios do Centro Cultural José Domínguez Guizán Xaneiro 14, 26

    De conformidade co disposto nos Estatutos polos...

  • II CERTAME AUDIOVISUAL SOBRE O NADAL do Belén de Begonte Xaneiro 14, 26

    Xa hai gañadores do II CERTAME AUDIOVISUAL...

  • Fallo do Xurado do L CERTAME DE DEBUXO INFANTIL SOBRE O NADAL Xaneiro 13, 26

    En Begonte, a 5 de xaneiro de 2026, reúnense os...

  • Cantar de Reises no Belén de Begonte Xaneiro 05, 26

    Días pasados, no Belén de Begonte, Toño Nuñez e Xose Manuel do...

  • HIPÓLITO XEADA, de Alfoz, gañador do XXXVI CERTAME GALEGO DE ARTE DO BELÉN DE BEGONTE Decembro 30, 25

    Mencións de honra para MANUEL CARBALLEIRA...

  • Hoxe, 6 colectivos visitaron o Belén de Begonte Decembro 18, 25

    Este xoves, seis colectivos visitaron o Belén...

  • Inaugurado o Belén de Begonte Decembro 01, 25

    O venres 29 de novembro de 2025, abriu as portas o Belén de...

< >

Belén de Begonte
Avda. de Galicia, s/n – Begonte – 27373 – LUGO – ESPAÑA / info@belendebegonte.es
Teléfono: +34 610 907 306
GaliciaDigital 2017-2024